30.3.11

La batalla del laberinto de RICK RIORDAN

O libro trata sobre un rapaz chamado Percy Jackson que resulta ser fillo dun Deus olímpico das historias gregas que contaba a xente.Este rapaz é un medio deus,do deus Poseidón. A aventura deste rapaz comeza no colexio tranquilamente cando de xeito repentino chegan dous monstruos enviados polo titán Cronos.Percy regresa a un campamento onde se refuxian rapaces coma el.Alí,xunto a uns amigos seus,deciden argallar un plan para protexer o campamento onde se refuxian os rapaces medio deuses.Ese plan consistía en ir pedir axuda a un antiguísimo inventor que vive nun labirinto que se expande por todo Estados Unidos,ese inventor é Dedalo.Xunto a este incríble inventor buscarán impedir que ataquen o campamento e que non se produza unha guerra entre Deuses e Titáns ,para que non se arrase o mundo. Este libro pertence a unha saga de historias deste rapaz medio Deus,é a historia número catro,no meu punto de vista é a mellor historia da saga. A historia contén moitos momentos de intriga e misterio;durante a historia aparecen novas sorpresas,é coma un crebacabezas que se vai formando canto maís preto estamos do final. O xénero deste libro é a fantasía e o misterio,esta saga axúdache a coñecer moitos aspectos da mitoloxía Grega,tamén fala de moitos Deuses,de anécdotas que lles ocorren no pasado e de historias moi coñecidas por todos que nestes libros lles dan unha utilidade entretida. Os aspectos positivos do libro son;a historia e moi entretida e non hai momentos de aburrimento nin descanso,sempre está en movemento e ocorren cousas importantes para entender a historia. Ao leer o libro sénteste coma outro personaxe que viaxa con eles polos labirintos e cidades de Estados Unidos. Os aspectos negativos son que o libro está en primeira persoa que é o protagonista,a min gústame maís os libros en terceira persoa,aínda que neste hai moito diálogo e non aparece demasiado a voz en primeira persoa


JONATHAN MESÍAS 4º

No hay comentarios:

Publicar un comentario