30.3.11

A cabeza da Medusa de MARILAR ALEIXANDRE



Este libro trata dun suceso que lle ocorreu a dúas rapazas un día que saíron as dúas xuntas a unha festa de disfraces. De regreso á casa subiron ao coche duns descoñecidos, sen saber que ía ocorrer un terrible suceso. Cando xa levaban un anaco no coche decatáronse de que o conductor se desviara do camiño correcto e se metera polo medio dun monte. De súpeto parou o coche e os dous mozos baixaron e dirixíronse á parte de atrás do vehículo, alí mesmo violaron ás dúas rapaciñas. Días despois do acontecido elas déronse conta de que ao igual que Medusa, ninguén se atrevía a miralas aos ollos, eran como estrañas. Esta situación crealles un trauma e un conflito familiar. Pareceume un libro moi interesante e entretido. É unha historia que engancha porque mestura un mito cun feito real. Conta un suceso desgradable pero á vez ensínanos cousas importantes, como por exemplo, o feito de ir con alguén descoñecido no coche, sen pensar nos riscos que iso conleva.É un libro que recomendo a todos, porque de seguro que lles vai gustar tanto coma a min. TANIA 4º

No hay comentarios:

Publicar un comentario