30.3.11

Como agua para chocolate de LAURA ESQUIVEL



Os feitos desenvólvense durante a revolución mexicana. Pretende e consegue facer unha relación entre o sobrenatural e o real. A autora consegue crear maxia, mediante elementos gastronómicos. Tita, a filla de Mamá Elena, está condenada a non poder vivir o amor, senón a coidar á súa nai ata que esta morra, debido a unha tradición familiar. Un día encontra ao seu amor, Pedro Muzquiz, o que lle é correspondido. Este home, como non pode estar con Tita, decide casar cunha das irmás do seu amor platónico, Rosaura, para estar cerca de Tita. Pasado este momento, que causa unha gran depresión en Tita, van xurdindo unha serie de acontecementos nos que se relaciona o sobrenatural co real. Tita herda de Nasha, a persoa que a coidou dende pequena, un gran dote como cociñeira. Usa a gastronomía para relacionarse con Pedro, cociñando diversos tipos de pratos.


É unha novela moi entretida, na que existen moitas metáforas e na que o lector traspasa as barreiras do mundo real para adentrarse nun mundo verdadeiramente máxico e baseado nos costumes e tradicións mexicanos. Recoméndolle este libro, moi sentimental, a todo o público que lle gusten as novelas de amor, sen distinguir entre idades.


SANTIAGO VIDAL 4º

No hay comentarios:

Publicar un comentario