31.3.11

El ejército perdido de MASSIMO MANFREDI



O libro conta a historia de dous reis: Artajerjes, o rei de Persia, e Ciro, o rei de Grecia, que son irmáns e, dado que nesa época o trono herdábao o fillo primoxénito, Artajerjes herdou o trono de Persia, pero grazas á nai deles, Ciro herdou o torno dunha próspera cidade e decidiu reunir un exército que posteriormente se chamaría “o exército dos dez mil”, co que Ciro pretendía atacar a Artajerjes e arrebatarlle o trono. Este exército estaba formado por mercenarios contratados para aniquilar os pobos salvaxes, pero eles descoñecían que acabarían no medio de Persia loitando contra o exército de Artajerjes, loitando por sobrevivir e converténdose no que eles ao principio pretendían aniquilar, en salvaxes.


Esta historia é unha historia de aventuras e dunha loita contra os inimigos, contra os elementos e contra a fame. Todo para regresar ao fogar. Todo isto contado polos ollos dunha muller namorada dun xeneral, o que lle dá un toque poético e que reflexa o que outras novelas bélicas non reflexan, como é o sufrimento que pasaban as mulleres que estaban detrás do exército como é o caso da protagonista, coidando os enfermos facendo a comida e facendo todo tipo de tarefas.


É unha novela preciosa que aporta un gran número de datos: as armas, as paisaxes, nas que o autor centra toda a súa atención, describíndoas con gran número de detalles; neles reflexa toda a investigación previa ao libro sobre esa época. A trama da historia tamén é importante porque nos ofrece un punto de vista diferente, como é o dunha muller que abandona a súa vida nun tranquilo pobo para seguir a un home que podía morrer na batalla, e non centra a súa atención no clásico punto de vista do soldado valoroso que loita pola honra. Tamén introduce elementos clásicos gregos, que describe afanosamente, como poden ser estatuas, lugares sagrados etc.


É unha novela diferente para todos as persoas que que lles gusten os escenarios clásicos, románticos, pero tamén para toda a xente á que lles guste a temática bélica. É unha das tres mellores obras de Manfredi e eu persoalmente recomendo lelr, porque fai unha referencia a que os protagonistas son os descendentes do rei Leónidas da famosa pelicula “300”e tamén porque cada frase deste autor pode ser un descubrimento incrible e non decepcionará a ninguén en ningún dos campos temático aos que fai referencia este libro.


RUBÉN RODRÍGUEZ BOLAÑO 4º

No hay comentarios:

Publicar un comentario