31.3.11

Catro venres ...de cine!!

A Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística convídanvos ao cine... iso si, no centro!

Seleccionamos para vós unha serie de curtametraxes e vídeo-clips musicais, unha pequena mostra do panorama audiovisual galego na actualidade.

O EDL tiña a intención de realizar esta actividade coincidindo coa convocatoria feita pola Coordinadora Galega de EDL no pasado mes de febreiro pero, por razóns organizativas, vímonos na necesidade de adiala. Así que, aquí quedan as datas definitivas e o programa:


Venres 8 de abril ás 11.30h:

PALÍNDROMO

Directora: Eva Quintas

Intérpretes: Luís Iglesia, Mariña Sampedro

BURATOS da banda Ruxerruxe. A peza foi gravada polo curtametraxista Jairo Iglesias

Venres 15 de abril ás 11.30h:

SULFATO

Director: Abelardo Rendo

Intérpretes: Xandre Rendo, Berta Barcia

XOGO DE NENOS

Director: Pachi Baranda.

Intérpretes: Iria Sobrado, Xosé Pérez, Amancio Sanjurjo

Venres 6 de maio ás 11.30h:

TOURETTES

Director: Martín Fiallega

Intérpretes: Marcos Correa, Isabel Risco


Venres 13 de maio ás 11.30 h:

AS ALMAS DO FENTAL

Director: David Vázquez

Intérpretes: Fernando Morán

KASTOMÄ : Grelo 66

Director: Gaspar Broullón e Matías Tarrío


No hay comentarios:

Publicar un comentario