1.4.11

Historia da lingua galega de PEPE CARREIRO

Este libro trata, como o seu título indica, da historia da lingua galega. Comenta dunha forma fácil, rápida e divertida os momentos máis importantes da lingua galega, empregando o formato cómic e o formato texto. Con isto consegue que os lectores se entreteñan e se informen ao mesmo tempo. Ademais a lectura resulta divertida porque as imaxes son graciosas. A min gustoume moito prque non son moito de ler,os libros con moito texto resúltanme difíciles de comprender e ademais abúrrenme. Este libro lese rapidamente, é de fácil comprensión e resulta unha maneira entretida de aprender a historia da lingua. Eu creo que este libro é perfecto para as persoas coma min,ás que non lles gusta ler moito e non lles gusta estudar moito. SAMUEL VARELA DOVAL 3ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario