14.3.11

Viós-bardos 3 e O vixía no centeo.

Ao longo da semana pasada tivemos as reunións dos dous grupos de Os Viós-bardos 3. Falamos de O vixía no centeo de Salinger cun dos grupos. Comentamos a especial personalidade do protagonista, a temática do libro: a dor pola perda dun ser querido, o paso á vida adulta, a crítica á hipocresía da sociedade á que pertencía Caulfield e moitos outros temas que foron xurdindo ao longo da charla. Chamou a atención dos nosos lectores a linguaxe que utiliza o protagonista, un dos aspectos que caracteriza a súa rebeldía, e as referencias ao alcool e á prostitución que aparecen no libro. Pero tamén chamou a atención a súa sensibilidade, como cando lembra que Jenny sempre deixaba as damas na última fila, a especial relación con Phoebe, a súa irmá e a súa pregunta "Onde van os patos cando o lago se xea?" E por último, comentamos a vixencia da obra, despois de tantos anos ( foi publicado no 1951) porque os temas que trata son perdurables no tempo. O libro tamén é coñecido porque era lectura de famosos asasinos, aquí tedes algúns exemplos:


Tamén inspirou moitos temas na música moderna. Védeo nestes dous vídeos: O 1º contén a sétima canción de Chinese Democracy, álbum de Guns N' Roses, que leva o título do libro. No 2º podemos ver a banda Green Day interpretando a canción Who Wrote holden Caulfield?, que fala da impresión que o personaxe causou ao músico e compositor, do grupo Billie Joe Armstrong.

No hay comentarios:

Publicar un comentario