16.3.11

Viós-bardos 3 e Invisible, Proyecto Amanda


Tivemos xa a reunión do 2º grupo dos nosos Viós-bardos de 3º curso.
Esta vez falamos do libro Invisible, que xa fora lido polos lectores de 2º curso, pero as apreciacións foron moi distintas: Non lles gustou o libro, nada, Adrián Torreiro incluso chegou a dicir que o horrorizara. Razóns? Falta de verosimilitude na trama: o personaxe de Amanda non resulta crible; tampouco resulta crible o interese por este personaxe cando a nai da protagonista está desaparecida... e non lles gustou o final, demasiado aberto, aínda que saben que é o primeiro dunha serie de oito opinan que debería quedar mellor pechado.
Como aspectos positivos sinalaron a caracterización dos personaxes e a súa evolución ao longo da novela.
Non podemos dicir que non teñen capacidade crítica os nosos Viós-bardos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario