16.3.11

Viós-bardos1: Matilda e Kafka y la muñeca viajera




Rematamos estas tandas de reunións cos dous grupos de 1º. Pasáronse os libros de un grupo ao outro, así que falamos de Matilda e de Kafka y la muñeca viajera.
Con respecto a Matilda falamos de que, baixo a súa aparente sinxeleza, agóchase unha crítica a un modelo de sociedade baseado no materialismo, que valora máis o ter que o ser; tamén deu pé para falar das diferencias de xénero (diferente trato dos pais cara Matilda e cara o irmán e o que se espera de cada un deles) e por último tamén deu pé para comentar a crítica ao sistema educativo autoritario.En fin, foi unha reunión moi proveitosa.

Con respecto ao libro de Kafka sorprendeunos especialmente Iago Codesido que se informara sobre a figura de Kafka e incluso tiña localizados os seus libros nos andeis da nosa biblioteca. Deste libro quedamos coa lección de que querer a alguén implica darlle ás para voar e desfrutar coas súas aprendizaxes.
Estes nosos Viós-bardos cada vez son máis listiños!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario