11.5.11

LibrosElas: A igualdade no IES Viós.





A exposición Cartas de Amor, proporcionada pola Secretaría Xeral da Igualdade xa está no noso instituto. Compóñena imaxes de importantes debuxantes e pintores e colaboran tamén escritores coma Anxos Sumai. Nelas reflíctense diferentes situacións que se poden confundir con amor, pero que en realidade encerran sumisión, ciumes e control excesivo. É un xeito fermoso de facervos reflexionar sobre as falsas historias de amor e a necesidade de acadar unha auténtica igualdade entre homes e mulleres, sexa cal sexa a opción sexual escollida.


Dende a biblioteca colaboramos con esta guía de lecturas, LibrosElas, todas elas na biblioteca, coas que podemos reflexionar sobre este tema. Algúns destes libros xa foron tratados no Club de lectura e deron pé ao debate sobre os roles que desempeñan neles homes e mulleres. Tédelos expostos no andel de novidades da biblioteca.


Sabedes ademais que o centro participa no Programa Arce, intercambio intercentros, co tema "Camiñando cara á igualdede". O alumnado do intercambio, case todos no Club de lectura, está confeccionando un traballo no que analizan os estereotipos de xénero e os roles home e muller na literatura xuvenil preferida polo alumnado do centro.
Esperemos que todas estas iniciativas teñan efecto e vos axuden a non deixarvos levar nunca por falsas cartas de amor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario