18.5.11

Lois Pereiro no IES Viós


Na biblioteca do IES Viós unímonos á celebración das Letras Galegas e á homenaxe a Lois Pereiro. Ao longo da semana estarán espostos NA BIBLIOTECA os libros deste autor monfortino para que os poidades consultar, pero, ademais, se iso vos dá preguiza, atoparedes textos del dun xeito fácil: no servizo. Unha forma eficaz de achegarnos á literatura, porque, xa sabedes, no IES Viós LEMOS EN TODAS PARTES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario