24.5.13

Algúns comentarios dos Viós-bardos

Escollemos unha selección dos comentarios que nos fixeron os alumnos sobre a actividade do Club de Lectura. Énchennos de orgullo, axúdannos a continuar e por iso, queremos compartilos con vós.

Este ano apunteime ao club de lectura do instituto.No club lemos libros moi interesantes. Nos recreos faciamos charlas sobre eles nas que falabamos de todo o relacionado coa nosa lectura. Esta experiencia gustoume moito e penso repetir o ano que vén.
Andrea (2º ESO)

Este ano, foi a primeira vez que estiven no club de lectura e pareceume unha boa actividade, sobre todo polos libros escollidos. O que máis me gustou foi Reyes de la basura. Gustoume polo realismo e polas aventuras que viviron os personaxes. As charlas parecéronme moi entretidas porque contrastas as túas opinións coas dos teus compañeiros e aprendes cousas novas.
Anxo (2º ESO)

Este é o cuarto ano que pertenzo ao club, e por desgraza o meu último, xa que estou en 4º e marcho deste instituto. A experiencia gustoume moito e por iso quixen estar os catro anos neste club, xa que os libros suxeridos parecéronme moi bos a maioría. Por exemplo, hai dous anos disfrutei moito da lectura de 'Proxecto Amanda' e este curso o que máis me gustou foi o libro 'Nada'. Recoméndolle aos alumnos que non coñecen esta experiencia que se apunten ao club porque é moi interesante e gústanos moito participar nas reunións. Mesmo ten premio, xa que nas reunións dannos a merenda e unha vez cada curso imos de excursión a bibliotecas, a mercar libros para renovar os fondos, ao teatro, a comer fóra, etc. Apúntate, merece a pena!
Carla (4º ESO)

Os anos no meu club de lectura neste instituto foron moi bos e case sempre obtiven moi boas experiencias. Reunímonos 2 ou 3 veces por trimestre para dar as nosas opinións sobre as lecturas programadas, contrastamos as nosas opinións e disfrutamos moito mentres nos dan a merenda. O último libro que limos, 'A neta do señon Lihn' resultoume un libro moi emotivo, e creo que entre todos os que lin nos 4 anos que levo cos Viobardos, foi o que máis me gustou.
Unha experiencia que debería continuar.
Sara (4º ESO)

A miña experiencia no Club de Lectura foi moi entretida e emocionante. Lemos moitas obras, a maioría gustáronme moito, aínda que había algunhas que non me encantaron. O que máis me gusta do Club son as reunións. Reunímonos dúas veces por trimestre para falar sobre os libros que lemos. Falamos, rimos e pasámolo ben. Ademáis, ao final danos un bombón a cada un. Tamén me gustou moito a excursión que fixemos como remate do club. Do que estou segura é de que o ano que vén volverei a apuntarme.
Irene (2º ESO)

O Club de Lectura foi unha experiencia moi divertida, os libros que limos son moi entretidos e a excursión foi moi interesante. Fomos ver unha obra de teatro na que nos representaron unhas miniobras moi amenas. Despois visitamos a biblioteca de Ágora e mercamos libros na FNAC. O ano que vén vou apuntarme de novo.
Clara (2º ESO)

4 comentarios:

  1. Levo no club de lectura dous anos e para o ano cumprirá o terceiro, posto que os libros que se propoñen son entretidos, divertidos, e con eles aprendes moito. Nas reunións dis o que pensas, opinas sobre as opinións dos teus compañeiros, sacas conclusións sobre o libro ó mesmo tempo que disfrutas da merenda. O libro que máis me gustou foi "Expedición do Pacífico", proposto pola profesora de galego, e seu contido era moi entretido. Tamén hai que falar da excursión na que cada ano facemos algo novo e
    renovamos os libros da biblioteca, ó noso gusto.A miña experiencia nel invítame ano a ano a volver.

    Luisa (2º ESO)

    ResponderEliminar
  2. Este foi o meu primeiro ano no Club de Lectura e pareceume unha experiencia xenial. As lecturas que nos propoñen son moi entretidas, a min gustáronme todas. Os viosbardos fixémos unha excursión a un teatro, a bliblioteca Ágora e fumos de compras o Fnac na búsqueda de novos libros para a biblioteca. En só un ano no club aprendín moito dos libros, das opinións dos meus compañeiros e das reunións en xeral. Para o ano sen dúbida penso repetir.

    Cristina(2ºESO)

    ResponderEliminar
  3. Lucía T. (3º ESO)26 de mayo de 2013, 22:26

    A experiencia no Club de Lectura sempre é emocionante, descubrir os puntos de vista que ten cada persoa sobre os marabillosos libros que imos escollendo é algo que nunca me cansaría de facer. ¡Quedan moitos libros por ler e moitas opinións por compartir! Animo a todo o mundo a que se apunte ao club, porque 'ollos que len, corazón que sente'.

    ResponderEliminar
  4. Que contentos quedamos!! Moitísimas grazas polos vosos comentarios. Abofé que animan a seguir!!
    Bicos grandes. Vémonos o próximo curso no club!

    ResponderEliminar