1.3.10

A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO


Ola de novo, lectoras e lectores de Marilar Aleixandre.
Despois da xuntanza da semana pasada e do vídeo co que nos deleitou Óscar, esta semana tócalle a quenda ao outro libro de Marilar Aleixandre que estamos lendo no noso dobre club de lectura (poucos IES poden dicir o de "dobre" referido a clubs de lectura) A expedición do Pacífico. Así que estade atentas e atentos ao calendario:
XOVES 4 DE MARZO: Reuníón do club de lectura, coma sempre no recreo e na biblioteca.
VENRES 5 DE MARZO: Presentación "O contexto de A expedición ao Pacífico", a cargo de Ana López, profesora de historia e tamén lectora de Marilar , especialmente entusiasmada con este libro.
Así que VÉMONOS AO LONGO DESTA SEMANA NOS RECREOS e coma sempre NA BIBLIOTECA.
Por certo, lestes o comentario da entrada anterior?

2 comentarios:

  1. está bastante ben, ainda non o acabei de ler

    pero é moi interesante,pero costame un pouco lelo por que ten moito vocabulario

    un saudo

    ResponderEliminar
  2. O libro a expedición o pacífico foi un libro que non me gustou moitoHabía moitas datas e parecía un traballo de sociais.

    ResponderEliminar