Este relato conta a historia dun rapaz chamado Lionel Messi, que comeza a xogar ao fútbol en Rosario, Arxentina. Messi destaca moito sobre os outros rapaces, por iso o equipo Newells fíchao. DE alí a uns anos descóbreselle un problema de crecemento, para o cal hai un tratamento moi caro que o Newelles non está disposto a pagar. Entón el marcha para Barcelona, a xogar ao Barça, a cambio de que lle paguen o tratamento. O Barça accede. El comeza a xogar ata chegar ao primeiro equipo, onde se consagra gañando todos os títulos posibles. El agora quere seguir gañando co Barça e consagrarse coa selección Arxentina.
A min este libro emocionoume moito, o que máis me gustou foi ver como Messi pasa de non ser ninguén a coñecerse en todo o mundo. E o que menos me gustou foron os momentos difíciles para el, e que a súa avoa morrera tan pronto.
MARCOS MOSQUERA 2ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario