28.1.11

Irmán do vento de M. LOURENZO GONZÁLEZ

Irmán do vento é un libro que conta a tráxica e esperanzada historia de Khaled, un rapaz musulmán e iraquí ao que a guerra colle por sorpresa. O pai de Khaled casa de novo cunha fermosa muller, Zulaid, coa que terá un fillo. O pai do protagonista é destinado á guerra, e o seu fillo, exercendo como tal, vaino buscar a Bagdad, nunha caravana de beduinos, familiares da súa defunta nai. Ao chegar ao seu destino averigua que o seu pai está morto e apenas chora, descobre que no tempo que tardou en chegar creceu como adulto, e que toda esa viaxe significaba que debía marchar. E así o fixo, marchou no seu cabalo "Irmán do vento" en busca da súa amada.
É un libro moi alentador que che fai pensar nas cousas que aprecias e poñerte no lugar do protagonista. Ao principio non parece un libro moi interesante, pero en canto levas algo lido, dáste conta de que é moi especial e realista.


Sara Uzal García CURSO: 2ºA DATA: 19/1/11

No hay comentarios:

Publicar un comentario