20.1.11

El niño con el pijama de rayas de JHON BOYNE

Un día Shamuel ten que mudar de casa polo traballo do pai. A casa de antes era moi grande e esta que só tiña dous andares, non tiña ningún recuncho para explorar. Era un terreo moi grande, e estaba dividido por unha alambrada; nun lado os xudeos e no outro os soldados e o xefe(o pai de Shamuel) e a súa familia. Ao outro lado da alambrada había moitos nenos e chamáballe a atención que non puideran cruzar a alambrada. Shamuel preguntoulle á súa irmá porque non podía cruzar a alambrada, ao que a irmá lle respondeu que eran xudeos e non podía relacionarse con eles.
Aínda que Shamuel tiña prohibido acercarse á alambrada, unha mañá decidiu ir dar un paseo. Despois de moito andar, viu un rapaz sentado nunha rocha ao lado da alambrada. Comenzaron a falar e o rapaz díxolle que pasaba moita fame e o trataban moi mal.T odas as mañás Samuel reuníase co rapaz e falaban.
A Shamuel picáballe a curiosidade por saber cómo era ese lado da alambrada. Ao rapaz ocorréuselle a idea de coller un pixama de raias (era como vestían os xudíos) e así Shamuel podería ir e axudarlle a investigar o caso de seu pai, que levaba días desaparecido. Á mañá seguinte Shamel díxolle ao rapaz que ao día seguinte regresaría coa nai e a irmá á súa antiga casa. O rapaz, triste, propúxolle a idea e Shamuel aceptou. Cando chegou ao campamento os soldados mandáronos a unha especie de polideportivo.O pai de Shamuel mandara matar a todos os xudeos cun gas, pero non sabía que no medio estaba o seu fillo, ata que atoparon o corpo.

O libro gustoume, a pesar do final.

CARLOTA RIVERA SÁNCHEZ 1ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario