3.3.11

3 de marzo, Xosé Miranda encóntrase cos Viós-bardos.



Hoxe tivemos connosco a Xosé Miranda que nos estivo falando do seu libro Pel de lobo. Estiveron presentes os Viós-bardos de 1º e 2º, aínda que hai no centro moitos máis alumnos que leron este libro.

A Xosé Miranda contámoslle o éxito que tiña o seu libro no noso centro, e que tiñamos lectores expertos no mesmo, como Fernando Torreiro, ou outros que comezaron a súa aventura cos libros a partir deste, como Javier Camba.
A cambio Xosé Miranda falounos de cousas interesantísimas que foron saínda a partir das vosas
preguntas: a importancia da tradición popular no seu libro, especialmente o tema dos lobishomes; a liberdade, simbolizada co lobo, fronte ao can que simboliza a sumisión; o papel da muller, silenciosa e obediente, como a nai ou rebelde, e por iso malfadada, como Ana; a liberdade sexual co personaxe hermafrodita (el ensinounos unha nova palabra que achegamos ao noso particular banco: manflorito) Roso ou Rosa, que cambia segundo a lúa; o momento histórico: as loitas forais, o agrarismos, a guerra de Marrocos, a Guerra Civil, ... e concluiu que todas as guerras son iguais, porque as provocan os ricos, pero sófrenas os pobres, como na novela...
En fin, moitísimas cousas aprendemos hoxe con Xosé Miranda e co seu libro Pel de lobo; un libro que ten a vantaxe de que pode ser relido en diferentes momentos da vida porque sempre vai aportar algo novo ao tratar temáticas tan diversas.

1 comentario:

  1. E o Equipo de Normalización agradécelle a Xosé Miranda, ademais da súa presenza, a xenerosidade coa que se apuntou a participar no noso particular Banco de Palabras e o agasallo que nos fixo: esa fermosa explicación de "manflorito". Impagable!

    ResponderEliminar