2.3.11

Viós-bardos Chamábase Luís





Comezamos xa coas xuntanzas dos Viós-bardos das lecturas de febreiro. O martes 2 de marzo quedamos co grupo de 2º para falar do libro Chamábase Luís de MARINA MAYORAL.
Este libro dá tanto para falar que o recreo non nos chegou para nada e hoxe, xoves 3, quedamos de novo para seguir . Falamos das drogas, tema central do libro, pero tamén doutras adicións ,coma o tabaco en Alberte ou o alcool na nai de Mribel ou o pai de Rosa. Tamén comentamos o tratamento da muller, especialmente a través de Rosa, a abnegada nai que acaba sendo escrava de toda a súa prole; as diferenzas sociais... e moitísimos outros aspectos que foron saíndo a partir desta lectura.
Foron dous recreos moi agradables, porque os nosos Viós-bardos de 2º son un grupo moi participativo e ademais moi bos lectores, con moito criterio, como demostran cos seus comentarios.

3 comentarios:

  1. Sabela Patiño 2º A12 de marzo de 2011, 12:25

    Pareceume un libro para pensar, faste millóns de preguntas leendo, e tamén atopas moitas respostas. Da unha imaxe moi realista do que a droga fai, como destroza unha familia. A min fixome pensar moito na facilidade que temos de xulgar aos demais, e que se nos fixamos os fallos que xulgamos deles tamén os temos nos. Como Rosa, a protagonista, que di que a sua irmá so vive para o seu fillo e que se destroza a vida, que a ela eso parecelle mal, pero e o mesmo que fixo e fai ela, perdeu a sua vida por axudar a matarse aos fillos.
    A verdade e que foi un libro entretido, e moi bo de leer.

    ResponderEliminar
  2. Moi acertado o teu comentario, Sabela. É gratificante saber que a través do Club aprendedes, non só de literatura, que tamén, senón tamén doutros aspectos da vida.

    ResponderEliminar
  3. Marta Fenández 2ºA14 de marzo de 2011, 17:40

    O libro de chamábase Luis pareceume un libro triste e duro pero o mesmo tempo gustoume , a vida que ten esa xente pareceme inxusta non a merece nadie e parece un libro próximo a moitas familias que sofren o mesmo e non o contan.

    ResponderEliminar