5.4.11

O vixía no centeo de SALINGER


Un mozo chamado Holden Caulfield é expulsado do seu colexio porque suspende máis asignaturas das que debe. Aínda que a expulsión é o mércores, marcha tres días antes, tras pelexar co seu compañeiro de cuarto. Vende todo o que ten e marcha durante tres días, deambulando por New York, para logo volver coa familia. Tres anos antes perdeu o seu irmán debido a unha enfermidade, a leucemia. Aquel feito afectouno moito, encerrouse no garaxe e rompeu o cristal do coche novo do seu pai. Desde entón pórtase dunha forma moi rara. A única persoa en que pode confiar é na súa irmá pequena.

O título do libro, Vixía no centeo, fai referencia a que Holden quere ser un vixía no centeo e protexer a todos os nenos pequenos para que non lles ocorra o mesmo que ca ao seu irmán. Ao final está ingresado nun psquiátrico e conta todo o sucedido dende que escapou do colexio onde estaba. Crítica: É moi intrigante porque mostra o difícil que é estudar se perdiches a un ser querido como un irmán. Tamén me resultou un pouco aburrid porque sempre anda criticando a todo o mundo e o único que ten un problema é el.
DANIEL GRAHAM TARRY 3ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario