4.5.11

As lecturas de abril de Viós-bardos 3


Xa foron as reunións deste grupo de Viós-bardos dos libros Chamábase Luís e Sin noticias de Gurb.

En primeiro lugar temos que dicir que non é este o grupo que mellor funciona, non porque non lean os libros, que si que os van lendo, senón porque hai que estar detrás deles para recordarlles as reunións, o cal é un pouco cansado, iso que son os maiores!!!!

Con respecto ás reunións podemos sinalar o seguinte:

Sin noticias de Gurb:É un libro que ten moitas vantaxes nun club de lectura: é breve, característica que sempre louvan os alumnos, e ten humor. Foi este o aspecto que máis destacaron os nosos lectores, o ben que o pasaron lendo o libro.

Chamábase Luís é un libro retomado do club de 2º. Ao igual ca neste grupo, agradou moito a súa lectura e deu para falar de moitos temas: a drogadición, os roles de xénero, a SIDA, o alcoholismo, a guerra civil... Patricia, á que lle gustan tanto estes libros de temática social, comezou xa a lectura de Futuro imperfecto de Xulia Alonso, ambientado na mesma época e que trata a mesma temática.

LEMBRADE, o venres 6 quedamos na biblio para facer o intercambio dos libros e con esta última lectura daremos por rematado a actividade do Clun neste curso.



1 comentario:

  1. Fututo imperfecto estame a gustar máis que Chamabase Luís, ten masi sentimento e e entretido, xa madarei a reseña para que a colguedes, porque ainda non o acabei, xa que estou lendo a vez 2libros mais ("Un forro polar rojo",e "10 Cosas que Odio de Mi")
    1bico

    ResponderEliminar