27.4.11

La mecánica del corazón por Viós-bardos 2


Estamos levando a cabo as reunións dos Viós-bardos do mes de abril. Comezamos polo grupo de 2º e, coma sempre ocorre con este grupo, a reunión foi moi proveitosa. Xa temos comentado máis veces o que están mellorando na súa capacidade crítica e isto confirmouse nesta última xuntanza.
O libro deu para falar bastante, e non todas as críticas foron positivas: gustou del o inicio, especialmente os tres primeiros capítulos nos que se nos adentra nun mundo máxico, de mans de Madelaine, a científica- bruxa. Destacan as descricións desa paisaxe de inverno na fría cidade de Edimburgo. Pero a partir deste capítulo a cousa cambia, e os nosos lectores deron plenamente no cravo nos defectos do libro:

Os personaxes non están ben perfilados, especialmente Mss. Acacia, caprichosa e cruel. Tampouco o protagonista, Jack, resulta moi encantador.

A narración non resulta crible, pois é simultánea e en primeira persoa, de xeito que o protagonista é quen de relatarnos incluso as vivenzas dende o ventre da nai e dende o presente. Por outro lado, o lector coñece datos, como a carta de Madelaine, que non son filtrados ou coñecidos polo propio narrador.

Se no inicio a narración era engailante agora é todo o contrario: oracións curtas e sen cohesionar que non fan agradable a lectura.

Pois todo isto foi apuntado polos Viós-bardos, sorprendente.

O libro serviunos para lembrar outro co que comparte época e incluso personaxes, por exemplo Mélies, La invención de Hugo Cabret.

Este grupo xa comezou a cun novo libro Nunca seré tu héroe, co que daremos por rematadas as lecturas deste curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario