13.6.11

IV XORNADAS DE CLUBS DE LECTURA





O venres 10 de xuño tiveron lugar en Santiago de compostela as IV Xornadas de Clubs de Lectura . Alí estivemos nós, representando aos Viós-bardos. Fomos invitadas a formar parte da mesa de experiencias "Un Club de lectura é algo máis". Resultounos un pouco difícil cinguirnos a ese "algo máis" porque o noso club é, nada máis e nada menos, iso: un club ao redor da lectura dos libros; as xuntanzas nas que compartimos as nosas impresións e escoitamos as dos demais, nas que ampliamos coñecementos ao buscarmos datos do autor, doutros libros do autor, das circunstancias históricas... nas que sacamos outros libros que estean relacionados cos que lemos, e que, ás veces, facemos máis doces ao acompañalas con croissants.

Pero non era diso do que había que falar, así que falamos do protagonistas que son os nosos Viós-bardos na vida do centro: elixindo e mercando os libros para a biblioteca, participando no Programa Arce ao aplicar o tema da igualdade aos libros de literatura xuvenil que se len no IES. Falamos tamén da importancia que ten "Hora de ler" para que poidamos avanzar tanto nas lecturas do Club e tamén de que sodes vós, coa vosa colaboración e coa vosa presenza os que facedes que os Viós-bardos existan.

Témosvos que dicir que abraiamos non só co número de integrantes (máis do 50% do centro) senón tamén co número de lecturas que realizamos en cada grupo ao longo do curso. Iso é mérito voso.

6 comentarios:

  1. Felicitacións Carme pola exposición e polo traballo que facedes día a día.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Esther, pero lembra que detrás hai máis xente, coma ti por exemplo, disposta a botar unha man e isto fai todo máis fácil e axuda a sacar adiante este proxecto.

    ResponderEliminar
  3. Orgullosa, obrigada e recoñecida!!Como coordinadora do ENDL así é como me sinto: orgullosa de compañeiras coma vós, obrigada polo ben que o pasei nas reunións do club e recoñecida polo carácter normalizador de gran parte do voso traballo.

    ResponderEliminar
  4. orgullosas, de ti; obrigadas, a ti e recoñecemento sempre para ti.

    ResponderEliminar
  5. oxalá o club de lectura non vaia a pique sen vos(Carme e Ana), que aínda que aia mais profesores/as non será o mesmo...
    Pido que sigades en contacto co club e que nos sigades recomendando libros tan bos como os de ata agora.
    PD: para a próxima reunión de Xornadas de clubs de Lectura, terá que ir un representante do alumnado..que como ben decides son os protagonistas deste club (eu preséntome candidata!)

    ResponderEliminar
  6. Grazas, Patricia, o funcionamento dun club non depende das coordenadoras, senón dos lectores e diso, en Viós estades sobrados, tieres un bo exemplo, tes unha sensibilidade especial para os libros, quizais por iso esteas sempre un pouquiño nas nubes...moitos bicos e adiante.

    ResponderEliminar