24.1.12

Paseo virtual por Santiago para Viós-bardos comedores de chocolate


O luns repartimos Corazón de chocolate de Jaureguizar aos viós-bardos de 1º e 2º e hoxe convidámosvos a dar un paseo virtual por Santiago, para que vos vaiades situando, para unha primeira toma de contacto coa cidade, coas súas rúas, prazas, monumentos... para que os lugares que Tintimán percorre na súa aventura non vos sexan alleos. Lembrade que teredes ocasión de percorrelos tamén vós (probablemente un día de abril) para revivir a aventura pero, mentres o día esperado non chega, podedes facelo a través desta estupenda aplicación Libro de pedra creada polos equipos de Ilux Visual Technologies e o grupo de Visualización Avanzada VideaLab da Universidade da Coruña.

Libro de pedra é unha magnífica ferramenta web que nos permite contemplar a cidade de Santiago e o seu monumento máis emblemático con un nivel de detalle sen precedentes: 60.000 fotografías de alta resolución e imaxes en 360 graos fan posible esta "realidade virtual".

Anímate a entrar, pasea polo interior da catedral e coñecerás de cerca a súa historia!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario