24.1.11

La novia de Kinfarlie de CLAIRE DELACROIX




Trátase dunha historia de amor na que, nun principio, ningún dos personaxes se dá conta dese sentimento. Ela intenta fuxir dun matrimonio que non quere que se celebre, pero o seu futuro marido perséguea e consegue a voda se leve a cobo, aínda que ela non querá. A pesar de que ao principio a súa relación era un pouco distante, co paso dos días vaise facendo máis estreita ata chegar a sentir o un poo outro algo que era moi forte. Mentres, a súa historia de amor íase fortalecendo e a causa dos obstáculos aos que foron sometidos o seu amor fíxose máis forte e souberon superalos.


A min esta novela gustoume porque se desenvolve na época medieval, onde os homes eran todos uns cabaleiros. Gustoume que os personaxes se saiban defender por si mesmos, que a protagonista non sexa submisa e que saiba defender os seus dereitos como muller, que non se deixe esmagar polos demais e moito menos por un home que non sabe respectar as decisión dunha muller, e se fai o machote por iso.

VALERIA MAMALIGA 3ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario