24.1.11



Xa é definitivo: a actividade TEMPO DE LER queda incorporada ao Proxecto Lector de Centro.
Despois de avaliar os resultados da mesma ao longo do 1º trimestre en cada unha das clases e de valorar as opinións recollidas nas enquisas de alumnado e profesorado, o Claustro de profesores do IES de Viós vota a incorporación de TEMPO DE LER no Proxecto Lector de Centro.
Dende a biblioteca comentamos os cambios que nós observamos como consecuencia desta actividade:


  • O aumento do número de préstamos: no momento actual chegamos xa aos cincocentos préstamos, a mesma cifra que se acadou ao final do curso pasado, e pola cal nos mostrabamos tan satisfeitas, pois supoñía duplicar a cifra do curso anterior.

  • O movemento dos fondos: había moitos fondos que ninguén pedía nunca en préstamo, agora o movemento de libros é constante, todos son aireados, ven a luz do día, saen tomar o sol e a proporcionar pracer aos seus lectores. E non falamos só de libros de literatura, porquer tamén os libros informativos comezan a ser movidos.

  • E o máis importanto: FALADES DE LIBROS, si, é un feito, comentades os libros, recomendádesvolos uns aos outros, vides á biblioteca comentalos connosco, pedirnos aclaracións... Dá gusto.

Esperemos ir a máis, nunca decaer nesta dinámica que se está estendendo, a de LER. Pero, coma sempre, fan falta regras para que todo funcione e sigamos sentíndonos satisfeitos. A 1ª LER e deixar ler, non molestar coa nosa actitude e interomper aos demais. Cando isto suceda a actividade suspenderase nesa aula. Cando isto se repita deixarase de ler polo espazo de dúas semanas e, se unha vez retomada a actividade hai que volver interrompela, entón a suspensión será por un mes e pasará a definitiva se de novo volve haber problemas. Polo ben de todos, esperemos que isto non ocorra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario