Ao longo da semana pasada fomos tendo as reunións dos diferentes grupos dos Viós-bardos deste inicio de trimestre.
- En Os Viós-bardos 1 houbo un problema de organización: non funcionou o traspaso de libros, polo que á reunión só accedeu a metade do grupo que tiña que ler o libro. Curiosamente, os libros seguiron circulando a pesar de que a reunión xa tivera lugar. Hoxe xuntámonos todo o grupo, e de novo alí estaban case todos, preocupados porque leran os libros e querían a súa xuntanza. Reorganizámonos e intercambiamos libros: Matilda e Kafka y la muñeca viajera seguen sendo os libros para este grupo.
- Viós-bardos 2 leu Irmán do vento e, todo hai que dicilo, non gustou moito, pareceulles un libro difícil e alguén comentou "parece unha clase de sociais" (que teñen de malo as clases de sociais?). Falamos das dúas historias, a de Kaleb, o protagonista, e a que Kaleb ficciona. A que máis aportacións fixo foi Aroa que está demostrando ser unha lectora perspicaz e sutil, capaz de chegar aos múltiples matices que aporta un libro. Logo tiñamos que decidir a seguinte lectura e aquí tropezamos, porque, todo hai que dicilo, Viós-bardos 2 é un grupo moi guerreiro que non achanta con facilidade. Veremos en que queda todo.
- E Viós-bardos 3 reúnese de novo connosco todo o grupo para facer entrega das novas lecturas e reorganizarnos tamén un pouco, porque, a ver, hai que recoñecer que non todo o mundo asistiu ás xuntanzas e, as cousas ou se fan ou non se fan. Así que tantearemos tamén como van os ánimos no grupo.
Informarémosvos das novas lecturas e das datas das xuntanzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario