5.4.11

Nunca seré tu héroe de MARÍA MENÉNDEZ-PONTE



Trata da adolescencia dun rapaz chamado Andrés: como pasa de ser un rapaz "pasota" a un rapaz traballador e centrado no debuxo, nos cómics e ata nos estudos!
Antes lataba ao colexio, non estudaba, era o bromista da clase xunto co seu amigo Dani ( un rapaz que se cre o mellor do mundo e non é nin o mellor da súa casa).
Ao principio non lles caía ben Jorge, un suposto rapaz "pijo", un "rouba mozas," e que só sabía facer a pelota (era o que Andres e Dani crían), pero despois Andrés descobre que non se pode quedar coas primeiras impresións e andar criticando por detrás mentres non se coñece dabondo a unha persoa.
Andrés acaba coñecendo a Jorge e ten que tragar todo o que soltou del, xa que non era nin a metade das cousas que el e Dani dicían : non era un "pijo", non era un "rouba mozas", senón que a el Sara (a ex de Andrés) xa lle gustaba dende había tempo, non facía a pelota, era centrado nos estudos, xa que quería ser alguén na vida, non como seu pai que o abandonara.
Andrés descobre que cada persoa ten os seus problemas, como pais no paro, pais que son máis estritos, problemas de amizades que non son adecuadas etc
Este libro encantoume, xa que trata problemas da actualidade: paro, racismo, amor, etc problemas que ao fín e ao cabo son sempre interesantes.
É un libro fácil de ler, xa que eu lino en 3 "hora de ler".

PATRICIA LOUREDA 3ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario