22.12.10

FALAMOS DE LIBROS NO IES VIÓS

Rematou este 1º trimestre e dende a biblioteca manifestamos a nosa satisfacción porque os préstamos aumentaron moito (case 400, o cal non está nada mal, tendo en conta que somos 109).
Neste aumento das lecturas tivo moito que ver a posta en práctica do programa Tempo de ler que axudou a que os que lían lesen máis e aqueles que non lían comezasen a ler. Unha das cousas que apuntan os alumnos é que esta actividade lles proporcionou a posibilidade de coñecer novos libros, que doutro xeito non terían lido.
Como peche de trimestre subiremos ao noso blog os comentarios dos libros lidos neste primeiro trimestre que máis gustaron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario