29.12.10

Pel de lobo de XOSÉ MIRANDA

Un pai e un fillo teñen boa fama coma cazadores. Un día chámanos porque nun pobo galego os lobos están atacando os animais. Finalmente descobren que os dous lobos máis grandes eran dous lobishomes, as dúas fillas do home que os chamara. Para liberalas do feitizo, queimaranlles a pelella.

É un libro que me gustou porque contén aventuras e o rapaz é máis ou menos da miña idade.
DAVID RAMOS BARRAL 4º ESO

Este libro conta que nunha zona de Galicia os animais dos gandeiros vense atacados por dous lobos. Chaman a un cazador profesional e, finalmente, danse conta de que se trata de dous lobishomes: as fillas dun veciño da aldea. Para saíren dese feitizo, quéimaselle a pelella e todo volve á normalidade.

Gustoume moito este libro porque espertou en min certa paixón polo mundo fantástico das novelas.

SANTIAGO VIDAL FILGUEIRA 4º ESO


No hay comentarios:

Publicar un comentario