30.3.11

Ollos de auga de DOMINGO VILLAR

Esta novela trata dun detective chamado Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estevez. Estes estaban resolvendo un caso de asasinato que lles custou moito esforzo polas escasas probas que había na escena do crime. Leo e Rafael estaban vivindo en Vigo, e a Rafael non lle gustaba nada a cidade, polas costas que había nas rúas. Leo no seu tempo libre participaba nunha emisora de radio, o que facía era intentar resolver problemas que tiña a xente ou pasárllelos á policía local.


A min este libro gustoume bastante. Ao principio non moito, porque se enleaba cos personaxes e os sucesos, pero despois, a medida que avanzaba a historia, empezoume a gustar o que facían. Gustoume especialmente o carácter de Rafael e as cousas que dicía.


BORJA RIVAS 4º

1 comentario:

  1. Ola Borja. Seguro que xa sabes que este libro forma parte dunha triloxía. O segundo é A PRAIA DOS AFOGADOS, na mesma línea. Deste vaise facer unha peli e parece que Leo Caldas vai ser Luis Tosar. Haberá que estar pendente. Un saúdo dunha antiga amiga.

    ResponderEliminar