27.9.11

Benvida ao novo curso



Ola a tod@s de novo! Aquí estamos outro curso máis, animosos e decididos a encher as vosas horas de misterio, medo, amor, intriga e moitas outras cousas que vos emocionen e saquen da rutina. Collemos o relevo do traballo que iniciaron Ana e Carme, sabedores de que será moi difícil para nós acadar o nivel de excelencia do seu labor nesta biblioteca. Aproveitamos desde aquí para desexarlles o mellor nos seus novos centros de traballo... xa vos botamos de menos!!! A dinámica e funcionamento da bilioteca será similar ao que estamos afeitos: tentaremos manter as boas prácticas e engadir todas aquelas novidades e ideas que vos parezan interesantes. Nada máis, estade atentos aos avisos das reunións do Club de Lectura que serán anunciadas en breve. Un saúdo!


1 comentario:

  1. Desde o equipo directivo estamos convencidos de que faredes un traballo marabilloso.
    Encántanos o vídeo de benvida.
    Queremos comezar a ler!!!!!
    Marina

    ResponderEliminar