18.10.11

O pintor do sombreiro de malvas


Aos Viós-bardos 3 que estes días estades lendo O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, quizais vos apeteza dedicarlle uns minutos a este vídeo co que podedes aproximarvos á obra de Van Gogh dun xeito ben ameno: ademais de contemplar algunhas das súas obras máis sonadas, podedes gozar da tradución dunha canción que o músico americano Don Mclean compuxo como homenaxe ao pintor. Fixádevos en como coinciden as visións que de Van Gogh teñen ambos os dous, músico e escritor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario