Xa sabemos a que hai moitas maneiras de chegar a un libro, uns os lemos porque outros nos falan deles, algúns porque mirando e mirando coma quen mira os doces nunha pastelería, vendo a boa pinta das portadas e ulindo contraportadas decidímonos por un título, e precisamente...cantos libros non nos atraen simplemente polo título?
Nestas vacacións chegamos a dous libros por cada unha destas vías:
La nieta del señor Linh de Philipe Claudel. Un ancián refuxiado dun pais asiático en guerra chega a algún lugar de occidente e vive coa súa neta, o único que lle queda do seu mundo, nun piso de acollida. Non coñece o idioma, non ten amigos, non ten familia, non ten nada só a neta coa que camiña e camiña en brazos tódolos días. Un día, casualmente, coñece a un home viúvo, solitario, moi nostálxico, moi forte e moi amable e, sen saber ningún o idioma do outro fanse amigos. A historia é moi simple e moi fermosa e con certo sabor agridoce.
La lluvia antes de caer de Jonathan Coe. O título, e a foto da portada xa son moi suxestivos. A historia, sobre a vida tres xeracións de mulleres, desenvólvese a través das descricións minuciosas que unha anciá fai de varias fotos para unha persoa cega que entenderá, deste xeito, moitas cousas do seu pasado. Nunca tivestes a sensación, vendo fotos dos vosos pais ou dos vosos avós, do pouco que sabedes deles antes de que existirades?
”Una de las formas que tiene la mayoría de la gente (la mayoría de la gente joven) de entender algo de sí misma es ver fotos, fotos de ellos mismos cuando eran pequeños, y fotos de sus padres y de sus abuelos y hasta de parientes más viejos...La vida familiar está llena de misterios.”
Jonathan Coe
Pintan moi ben istes libros. Xa teño pensado a quen llos vou regalar, e como son persoas cercanas a mín, cando termine o que estou a ler, penso lelos eu tamén.Grazas polas vosas suxestións e facernos tan actrativos istos títulos!
ResponderEliminar