19.11.13
César Mallorquí, Premio Nacional de Literatura Xuvenil
9.10.13
BOAS NOVAS PARA A POESÍA GALEGA!
5.6.13
Recomendacións lectoras para o verán
3.5.13
PREMIO "LIBROS DIMINUTOS..."
10.4.13
Revista Ollos de Aula
24.2.13
Feliz Día de Rosalía!
11.6.12
V XORNADA DOS CLUB DE LECTURA
27.3.12
Estados de ánimo
Como ben sabedes, hai uns días conmemorouse o Día Mundial da Poesía. Por este motivo, queremos aproveitar para publicar unha mostra do traballo realizado polo alumnado de 1º de ESO nas aulas de Lingua Castelá e Literatura. Máis concretamente, tres poesías que versan sobre os estados de ánimo. Esperamos que vos gusten!17.2.12
Microrrelatos no IES Viós
Esta semana celebrouse no noso centro o concurso de microrrelatos Amoriños collín... en cen palabras, organizado conxuntamente polo Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística. A actividade resultou todo un éxito, pois a cantidade de relatos presentados e a súa calidade así o acredita. Desde a Biblioteca do noso IES queremos dar grazas a todos os participantes, felicitar aos gañadores/as e recoñecer tamén o traballo e iniciativa das dúas profesoras dos departamentos anteriormente citados, Fátima e Teresa. Moitas grazas!
Ángel Vicos Fernández, 4º ESO - Gañador
- Ola.
- Que tal estás?
- Triste.
- Por que?
- Deixoume a miña moza.
- Estache ben empregado, por burro!
- Es tonto ou que?
- Pegábaslle e insultábala, como queres que seguira contigo!
- Me cago na... Vouche dar unha hostia que vas quedar teso!
E así foi como rompeu o espello.
6.2.12
Charles Dickens
O 7 de febreiro do ano 1812 naceu en Portsmouth, Inglaterra, un dos autores máis importantes da literatura universal: Charles Dickens. Autor de obras tan recoñecidas como Oliver Twist, David Copperfield, Historia de dúas cidades ou Os papeis do club Pickwick, Dickens foi un destacado cronista da realidade da época que lle tocou vivir. As súas novelas eran verdadeiros traballos de crítical social: temas como a explotación infantil, a loita de clases ou a pobreza da clase traballadora están presentes ao longo de toda a súa produción. Estes temas aparecen tratados en moitas ocasións co humor e ironía que caracteriza a obra de Dickens. 12.1.12
Andrea Maceiras no IES Viós

21.12.11
Nadal 2011 - Recomendacións
Consulta o catalógo para ver algúns dos libros que vos recomendamos para estas vacacións. Atoparás lecturas moi interesantes!
10.12.11
Haberá primavera, de César Morán

30.11.11
Agustín Fernández Paz, premiado en Guadalajara (México)

9.11.11
FEBRE, de Héctor Carré
UN AVISO!! Xa temos na biblioteca a nova novela do noso conveciño Héctor Carré, Febre, unha novela que vén moi ben avalada polo Premio Fundación Nova Caixa Galicia- Claudio San Martín de Literatura Xuvenil e publicada por Xerais o pasado mes de outubro.24.10.11
Twitter da Biblioteca: @viblios
Queres estar ao día e non perder ningunha das novidades máis destacadas da Biblioteca de Viós? Pois agora xa podes facelo: únicamente tes que seguirnos a través do Twitter, dispoñible desde xa. Vémonos en @viblios!
Segui @viblios28.6.11
Imos de vacacións!!!! (Con LIBROS)
FELIZ VERÁN!!!!
13.6.11
IV XORNADAS DE CLUBS DE LECTURA
7.6.11
Peche do Club de lectura

Se facemos balance do que foi o Club ao longo do curso temos que mostrar unha gran satisfacción:
- Somos moitos, non tantos coma cando comezamos (59) porque algúns, non demasiados, foron quedando polo camiño. Os fieis, que seguiron connosco ata o final, foron uns bos lectores e bos contertulios.
- Entre os Viós-bardos, como non podía ser doutro xeito, hai un pouco de todo: grandes lectores (fundamentalmente lectoras, todo hai que dicilo) e outros aos que a aventura dos libros non os chamaba tanto; aínda así, temos que felicitarvos porque dun xeito bastante regular fostes asistindo ás reunións cos vosos comentarios preparados.
- Felicitar, especialmente aos Viós- bardos de 1º porque ao longo do curso a vosa capacidade crítica foi mellorando moito. Algúns de vós apenas abriades a boca nas primeiras sesións e agora xa non tiñades ningún reparo en mostrar ante os demais as vosas opinións.
24.1.11

Despois de avaliar os resultados da mesma ao longo do 1º trimestre en cada unha das clases e de valorar as opinións recollidas nas enquisas de alumnado e profesorado, o Claustro de profesores do IES de Viós vota a incorporación de TEMPO DE LER no Proxecto Lector de Centro.
Dende a biblioteca comentamos os cambios que nós observamos como consecuencia desta actividade:
- O aumento do número de préstamos: no momento actual chegamos xa aos cincocentos préstamos, a mesma cifra que se acadou ao final do curso pasado, e pola cal nos mostrabamos tan satisfeitas, pois supoñía duplicar a cifra do curso anterior.
- O movemento dos fondos: había moitos fondos que ninguén pedía nunca en préstamo, agora o movemento de libros é constante, todos son aireados, ven a luz do día, saen tomar o sol e a proporcionar pracer aos seus lectores. E non falamos só de libros de literatura, porquer tamén os libros informativos comezan a ser movidos.
- E o máis importanto: FALADES DE LIBROS, si, é un feito, comentades os libros, recomendádesvolos uns aos outros, vides á biblioteca comentalos connosco, pedirnos aclaracións... Dá gusto.
Esperemos ir a máis, nunca decaer nesta dinámica que se está estendendo, a de LER. Pero, coma sempre, fan falta regras para que todo funcione e sigamos sentíndonos satisfeitos. A 1ª LER e deixar ler, non molestar coa nosa actitude e interomper aos demais. Cando isto suceda a actividade suspenderase nesa aula. Cando isto se repita deixarase de ler polo espazo de dúas semanas e, se unha vez retomada a actividade hai que volver interrompela, entón a suspensión será por un mes e pasará a definitiva se de novo volve haber problemas. Polo ben de todos, esperemos que isto non ocorra.




