17.11.11

Vios-bardos de 4º: Los Hijos del Trueno

Onte tivemos a primeira xuntanza para falar do libro de Fernando Lalana e José María Almárcegui, Los Hijos del Trueno. Nesta ocasión, os protagonistas foron os Vios-bardos de 4º curso, alumnos que contan cunha ampla experiencia pois a maioría forman parte do Club de Lectura desde o seu inicio. Houbo opinións para todos os gustos: xente que destacou a liña lúdica e irónica do libro, atopando paralelismos coa literatura de Eduardo Mendoza, e tamén un sector máis crítico que considerou esta lectura máis propia dun público de menor idade. O que quedou ben ás claras foi que non deixou indiferente a ninguén, e iso é bo.
Non nos toca a nós xulgar as vosas impresións, este é o voso espazo e aquí tedes a tribuna para contárllelas ao resto dos compañeiros.
Redacta as túas opinións e compárteas connosco!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario