As dúas novelas daban para moito, pero a presión dos últimos exames entorpeceu a lectura. Memorias... gustou e conmoveu. Aínda que algunha das lectoras non tivo tempo de rematar o libro, todas coincidían na súa carga de emotividade. Sentiron próximo a Balbino, comprenderon ben a súa particular visión do mundo; reflexionaron, a través das súas palabras, sobre a desigualdade social, sobre a influencia da relixiosidade nas nosas condutas. Entenderon os desexos de Balbino de fuxir da dura realidade que o rodeaba.
Foi unha charla moi proveitosa que demostra a capacidade crítica e a autonomía das lectoras deste grupo. Todo un pracer! Que se repetirá de novo en setembro...agardamos!
En canto a La cena, o feito de ser o último libro elixido e da coincidencia cos exames finais afectou negativamente. Pero prometer, prometía, e fomos moitos os que acordamos convertelo en lectura de verán. Así que este vai ser o primeiro libro que comentemos no curso vindeiro. Vémonos en setembro!!
Este ano no club de lectura pasámolo moi ben. Foi un ano con moitas actividades, xa que ademais de levarnos de excursión, visitáronnos algúns autores de libros que lemos no propio club.
ResponderEliminarPersoalmente, levo do club unha moi boa impresión, porque a pesar de que este centro é moi pequeno, sempre tivemos unha gran variedade de libros e lemos sempre obras apropiadas á nosa idade.
Espero que este club non peche porque fai unha gran labor
Un saúdo.
O Club de Lectura do IES Viós é o mellor de todos. Lemos moitos libros, case sempre escollidos por nós, pero, en todo caso, libros que sempre convén lelos.
ResponderEliminarVisitáronnos algúns autores dos libros que lemos, entre outros Pinto e Chinto e Héctor Carré.
Fixemos reunións nos recereos en tódolos libros que lemos. Este é o último curso que paso eu no IES de Viós. Lástima, porque aquí estase moi ben!Graciñas por todo!!
Un abrazo.
O club de lectura paréceme que está moi ben xa que fomenta a lectura entre os repaces.Aínda así,penso que hai libros que son demasiados infantís,con cousas demasiado irreais. Gustaríame que para o ano que vén primen os libros propostos polos membros do club sobre temáticas que nos preocupan e que nos poidan axudar ou ensinar algo para o futuro. Ainda así,espero que o club de lectura non desapareza por falta de xente.
ResponderEliminarEste ano o club de lectura estivo moi ben, aínda que votei de menos a Carmen e a Ana. O ano pasado, algúns libros nos me gustaran, pero este ano, estiveron moito mellor. Non creo que neste club se poida mellorar algo, porque todo está perfecto (as reunions, os libros, a excursión...)Espero que o ano que ven, o club de lectura sexa igual que este! Grazas polo voso traballo e dedicación para que este club funcione e bo verán!
ResponderEliminarGrazas polos vosos comentarios! Sen dúbida serán de moita axuda para continuar co club o ano que vén.
ResponderEliminarHai cousas imposibles de mellorar : Ana e Carme son insubstituíbles; iso non podemos amañalo! Pero acollemos con interese todas as outras peticións. Vémonos!
Conmove que pasado xa un ano vos acordedes de nós, e agradecémolo (falo tamén por Ana), pero seguín a actividade do club a través deste blog e creo que mellorou substancialmente. Se hai lectores, hai club e, como xa dixen outra vez, diso en Viós ides sobrados.
EliminarAh! Nin vos imaxinades como botei de menos as xuntanzas do club nos recreos e estar convosco na biblioteca, lembranzas coma esas son as que pagan a pena.
Bicos a todos.