Chove, vai frío, estamos de vacacións e temos moito tempo libre.É o momento perfecto para coller un bo libro e desfrutar del, á caloriña, mentres fóra chove e chove sen parar.
Deixa os comentarios dos libros que leas este Nadal, lembra deixar claro o título e o autor e recoméndanos as túas lecturas.
BO NADAL PARA TODOS dende a biblioteca do IES Viós. Aquí deixámosche un conto de nadal e ollo coas equivocacións.
Que bo o conto, aínda estou a rir!!
ResponderEliminarReforzamentes está lendo a "Ladrona de libros" e xa liu " Los colores olvidados" que unhas amigas lle regalaron e adicaron o mes pasado. Iste último libro é de Silvia G.Guirado. Silvia traballaba como contable na empresa que editou o libro, pero lle gustaba moito escribir contos polo que coa axuda dos ilustradores conseguiu publicar o seu primeiro libro. As ilustracións son moi boas, os contos son mellorables pero hai que dicir que xurdiron dos lemas e debuxos dunhas camisetas polo que a tarefa de escribilos puido ser un pouco máis complexa. Gustoume, sobre todo, porque representa a ilusión de escribir,crear,imaxinar, publicar un libro..., e porque se tivo en conta o medio ambiente e a colaboración de ONG para a educación no mundo(no final do libro nos contan cantos materiais se empregaron e con que ONG colaboraron)
Moita maxia para todos/as esta noite de reis (e raíñas)!!
“Flanagan 007” trata dun rapaz chamado Flanagan, que se mete nunha investigación para poder atopala súa irmá desaparecida. Ó parecer a irmá e o seu novo mozo estaban involucrados no roubo de diñeiro dunha ONG. A súa astucia vanno levando a descubrila verdade e a desmantelar un caso de corrupción. No desenvolvemento da historia viaxa cara Madrid en tren e coñece a Bruna, unha rapaza que lle vai a axudar no caso.
ResponderEliminarPersoalmente esta novela gustoume porque me pareceu entretida inda que debo de mencionar que o final non foi do meu agrado posto que me esperaba algo máis impactante. Pero de todos modos recomendo a súa lectura a aquelas persoas que lles guste as novelas policíacas
"Peter Pan e a levita escarlata" trata de que os nenos perdidos van ao Pais de Nunca Xamais porque os soños están fuxindo de alí, e os nenos perdidos teñen que ir para salvalo, cando chegan reencóntranse con Peter Pan. Despois dun tempo descubren como salvar ao Pais de Nunca Xamais: tiñan que atopar o cofre do Capitan Garfo.
ResponderEliminarO libro estivo ben, ten moito argumento e é moi interesante.
O libro que lin é "Chamábase Luis" este libro gustoume moito porque trata sobre temas da vida real como as drogas e os problemas que
ResponderEliminarpoden ocasionar.
O libro trata dun drogadicto chamado Luis que fai todo o posible para conseguila droga, isto levou a sua nai a ruina e tamen a sua familia.
Recomendo ler este libro porque é moi entretido e moi interesante.
''¿Que te angustia Núria?'' gustoume moito porque trata dunha rapaza chamada Núria que pensa que non pode haber outro desastre que a afectará tanto como a separación matrimonial dos seus pais. Pero cando se entera de que se ten que mudar de casa coa súa nai e Francesc,o novo amigo da nai por decilo dalgún xeito, cambiará a súa vida por completo e tamén a de seus irmáns.
ResponderEliminarO libro pareceume interesante e eu o recomendo xa que é realista.
As flores radiactivas de Agustín Fernandez Paz.
ResponderEliminarTrata dunhas flores que emerxen na fosa atlántica por uns vertidos radiactivos,eo seu recendo fai a xente pacifista.
E un libro que llo recomendo a todo ao mundo
"O laboratorio do doutor Nogueira" é un libro que trata dun home que intenta solucionar os problemas da xente con medicamentos pero nunca o consegue.
ResponderEliminarRecoméndolle a todo o mundo que o lea porque é moi entretido
O libro ''Cartas de Inverno'' pareceume moi entretido e orixinal. Tratáse de que Xabier, o amigo de Adrián quería vivir afastado da civilización,para poder pintar os seus cadros con máis tranquilidade. Decidiu comprar unha casa que viu no periódico, que dicían que estaba encantada, aínda que él non o cría. O final, descubriu a verdade sobre aquela casa.
ResponderEliminarGustoume moito este libro e recoméndoo.
O libro ''ESTRELA NEGRA E MENCER BRILLANTE'' pareceume moi bó libro, é interesante e recoméndoo porque é un libro donde quedas abraiado dende a primeira páxina ata ó final.
ResponderEliminarTrata dunha rapaza, de dazaoito anos, que se tivo que mudar da sua vila Woamengo a unha casa que esta situada noutra grandechamada Ikuma.Ali ela vairealizar unha emocionante carreira de trineos na que o lector se sumerxe profundamente sentindo as emocionantes aventuras que lle suceden nela.
el libro ke yo lei es de un (trabajo mui sucio)me parece un libro mui entretenido ,ademas habla de muerte y amor a un hijo a la vez
ResponderEliminaro libro que e lin titulase "chamabase luis".
ResponderEliminartrata de un home vuivo que è drogadicto ten 2 fillos, ainda que un non è seu senon da sua muller pero ò casaren el recoñeceuno.
a familia de luis conta como foi a vida del. o que facia para conseguir cartos ou para conseguir a sua droga.a sua familia era coma a de calquera tiña 3 irman 1 deles tamen era drogadicto e tamen morreu. osoutros dous teñen unha vida formada e non estan metidos no mundo da droga.
O libro que eu lin titúlase"Eu e os meus colegas" e gustoume moito porque trata de situacions reais que pode ofrecer a vida.Este libro trata de unha pandilla de rapaces que se meten con frecuencia en problemas,de feito,foron todos á festa do instituto e a policia colleu a Jerry con mariguana e tuveron ke estar toda a noite en comisaria declarando,e ademais tuvo que pasar case todo o instituto pola comisaria para declarar e para averiguar quen lle pasara a mariguana,e ademais a morte do seu profesor de Quimica fai que reflexionen,e ke sintan tamén as consecuencias do Sida.
ResponderEliminarEu recomendo leer este libro a todo o mundo porque é moi entretenido e divertido,en especial aos adolescentes,que vai dirixido especialmente para eles,desde o meu punto de vista.
''Noite de Voraces Sombras'', de Agustín, FERNÁNDEZ PAZ, pareceume un libro moi interesante, xa que trata da historia que descobre Sara, grazas á presencia fantasmal que alí sente.
ResponderEliminarOs segredos do pasado gardados dende fai tantos anos son descubertos pola protagonista,cando encontra as cartas tan coidadamente escondidas do seu tío Moncho. desta maneira, descobre a historia de amor que él viviu ano atrás.
Recomendo este libro a todos aos que lle gusten os libros de misterio, xa que a min persoalmente gustoume moito.
''Noite de voraces sombras''
ResponderEliminarÉ moi interesante xa que conta duas historias a vez unha é a de unha rapaza chamada Sara de 16 anos que vaide vacacions a Viveiro a casa da sua avoa que morrrera ese ano. Ali recorda os verans da sua infancia cos seus antigos amigos e perde a sua virxinidade.
Cando o seu irman, que ten duas fillas, vai de vacacions a a súa nai deixalle durmir na habitacion do seu tio Moncho que morrera xa facia tempo e era a habitacion mais bonita de todas. A sua aboa non lle gustaba que abriran a habitacion e asi mentres que ela durmia ali aireabana un pouco.
Nesa habitacion nun armario encontra unhas cartas de amor e fotos do sue tio de cando estaba coa sua moza Sara. Ahí ela entendeu porque lle puxeran Sara xa que fora o unico amor do seu tio. Esa é a segunda historia que conta o libro; a historia de amor imposible entre el e Sara.
Gustoume moito e recomendoo a todo o mundo ao que lle gusten as historias de amor e de intriga a vez.
O libro que lin titulase "Fahrenheit 451". Trata sobre un home chamado Guy Montag, que é un bombeiro que queima as casas donde haxa libros. Esta historia é triste, xa que Montag ten agochados libros na súa casa e a sua muller o delata e ten que queimar a sua propia casa.
ResponderEliminarRecomendolle este libro este libro aos que lle gusten as obras de tristeza
"mutacións xenéticas"
ResponderEliminaro libro que eu lin,trata de como un rapaz,Hadrian,vai pasar un mes co seu avó,o que casi non coñece,e ten algo de medo ao descoñecido.toma o avion cara Fisterra,onde pasara o un mes cheo de descubrimentos,os cales incluen qe o seu avo e un cientifico que estudia en segredo na sua guarida,a posibilidade de crear animais intelixentes no beneficio dos humanos,e vai ter que rescatalo xunto a sindo,un fiel amigo do seu avo,das mans de un personaxe que queriase facer cos descubrimentos do profesor e controlar o mundo.
recomendo este libro a todo aquel que lle guste a acción e algo de aventuras,e porque e ameno e faci de ler
O libro que leín conta a historia de Marta, unha rapaza duns 20 anos de idade que comparte piso coas suas amigas Carme e Xulia. Marta empeza a saír cun rapaz chamado Héctor, non sabia dónde se metía…Ao principio todo ía ben unha relacion normal coma todas,ata que un día o seu mozo insultouna e incluso lle deu unha labazada,este acto repetiuse máis veces,pero Marta sempre o perdoaba.Un día deuse conta de que non podía seguir asi,xa non se falaba coas suas amigas,non vía aos seus pais,e ata deixara os seus estudios para poder mantelo a el.Falou con Héctor e cortou a relación,esta decisión non lle sentara nada ben a el.Un día despois apareceu na casa de Marta e logo de manter relacions cunha porstituta diante dela comenzou a darlle unha paliza,e ata lle cravou un puñal no costado dereito que lle afectara ao pulmon,as súas amigas chegaron e encontrarona dentro dun armario,levárona ao hospital e Héctor acabou no cárcere por intento de asasinato e por un anterior que cometera antes de coñecer a Marta.Sete meses mais tarde Marta e os seus amigos estaban de camiño ao hospital,a moza estaba de parto,ía vir a vida un fillo,froito da sua amarga relacion con aquela besta.
ResponderEliminarO libro que lín titúlase "O Violín de Auschwitz", e trata da vida infrahumana que leva Daniel, un rapaz xudío nacido en Cracovia, no campo de concentración de Auschwitz.Un día o comandante do campo de concentración, Sauckel, mándalle facer un violín pefecto; e coa axuda do seu inseparable amigo Bronislaw, que era violinista, Daniel consegue ese obxectivo.Recomendo este libro a todos os lectores, pois expresa moi ben a valentía e o coraxe ante os obstáculos da vida.
ResponderEliminar"ARNOIA ARNOIA"
ResponderEliminarA min este libro non me gustou moito sinceramente, fala dun rapaz que lle asesina a parte do seu pobo, e a Mai Loeretta, logo liberase con axuda de outro amigo e bengase de todas a mortes que oubo no seu pobo.
O libro que lin titúlase "Os nenos numerados"
ResponderEliminarTrata dun rapaz que rouba unhas botas nunha zapatería e cando escapa correndo pillano.
Tras pasar polo xuíz de menores vai para un reformatorio e pasa ali sobre cinco anos.
O libro que eu lin titúlase "Días de desterro".É unha historia turbulenta, cun pasado de droga e delincuencia que a xustiza non lle deixa esquecer ó protagonista.Semella ter pouco futuro polo mal que leva dentro,aínda que atopa nova ilusión nun presente que parece sacado do pasado,pero que lle permite,mentres foxe de quen non sabe de perdón,coñecer un mundo cheo de vellos onde as cousas son máis sinxelas e os praceres,quizais,máis certos.
ResponderEliminarRecoméndolle este libro a calquera persoa,independentemente da súa idade,que lle gusten as obras algo tristes e con finais abertos.É un libro entretido e fácil de ler debido á súa curta extensión.
Fahrenheit 451
ResponderEliminarO protagonista desta historia chamase Guy Montag,un bombeiro que queima libros dado que naquela epoca lelos impedia ser felices e provocaba que os homes fosen diferentes en vez de iguais.
Montag tiña agochado unha coleccion de libros na sua vivenda.Milred, a sua muller, decatouse do seu segredo e denunciono.
Un dia,no departamento de bombeiros para o que traballa,recibe unha alarma de libros agochados.
Acoden a el,pero para abraio de Montag viu que era a sua vivenda.Beatty, o seu xefe obrigoulle a queimala,Montag moi enfadado,queima o seu xefe vivo.
Encantoume esta novela,a pesar de non ser moi doada de ler