Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas

24.1.12

Paseo virtual por Santiago para Viós-bardos comedores de chocolate


O luns repartimos Corazón de chocolate de Jaureguizar aos viós-bardos de 1º e 2º e hoxe convidámosvos a dar un paseo virtual por Santiago, para que vos vaiades situando, para unha primeira toma de contacto coa cidade, coas súas rúas, prazas, monumentos... para que os lugares que Tintimán percorre na súa aventura non vos sexan alleos. Lembrade que teredes ocasión de percorrelos tamén vós (probablemente un día de abril) para revivir a aventura pero, mentres o día esperado non chega, podedes facelo a través desta estupenda aplicación Libro de pedra creada polos equipos de Ilux Visual Technologies e o grupo de Visualización Avanzada VideaLab da Universidade da Coruña.

Libro de pedra é unha magnífica ferramenta web que nos permite contemplar a cidade de Santiago e o seu monumento máis emblemático con un nivel de detalle sen precedentes: 60.000 fotografías de alta resolución e imaxes en 360 graos fan posible esta "realidade virtual".

Anímate a entrar, pasea polo interior da catedral e coñecerás de cerca a súa historia!!

23.1.12

Trucos matemáticos para viós-bardos


Para os viós-bardos que estades enfrascados na lectura do libro de Jordi Sierra y Fabra, El asesinato del profesor de matemáticas, deixamos un enlace que vos levará directamente a unha páxina cheíña de xogos, adiviñas e trucos matemáticos cos que podedes impresionar aos vosos amigos en calquera reunión, ou simplemente, comprobar que a tese de Sierra y Fabra non vai equivocada: As matemáticas son moito máis divertidas do que parecen!!

Navega por ela sen medo, aprende e divírtete!

19.11.11

Cen mil millóns de poemas


En 1961, Raymond Queneau (Le Havre 1903-París 1976) publicou un libro insólito baixo o título Cen mil millóns de poemas. Nesta obra, Queneau propón 10 sonetos cuxos versos son combinables e riman entre si. Cada unha das dez páxinas do libro contén un soneto troquelado, cortado en tiras, con un verso en cada unha, o que permite que cada lector ou lectora cre o seu propio soneto, escollendo cada un dos catorce versos que o forman.
No 50 aniversario desta publicación, a Editorial Demipage vén de publicar estes días un libro similar en homenaxe a Queneau.
Dez autores e poetas da elite da literatura española ( Jordi Doce, Fernando Aramburu, Santiago Auserón, Vicente Molina Foix...) crearon cadanseu poema para dar lugar ao mesmo número de combinacións e a este "obxecto" imposible, considerado xa unha xoia da literatura contemporánea.
Seguramente nunca pensaches que nun libro podían caber tantos poemas...É a poética da matemática! ou a matemática poética! Aínda non o temos na biblio, pero farémonos con el para que poidas ler e crear sonetos a moreas.

26.10.11

Gústame ler, e a ti?


Fermosa publicidade do grupo editorial Random House Mondadori. Paradóxicamente, é un vídeo que che deixa sen palabras. Compróbao ti mesmo...