Ben, xa estamos en pleno funcionamento. Temos novo nome, porque os lectores de Xeración Viós xa non están no centro, así que eliximos un novo:
OS VIÓS-BARDOS, gústanos porque por un lado somos eses seres fantásticos, que ningén viu e que apampán a quen os busca, e por outro somos os poetas, os encargados de recoller e transmitir os valores.
Algo pasa que non logramos comprender de todo:
- É polos pasteis? Só os levamos en dúas reunións o curso pasado, sen contar o peche final no que incluímos o chocolate con churros.
- É pola excursión? Só fixemos unha e todo o tempo estivo cuberto, non tivestes nin cinco minutos libres para vós.
- É por un virus que se transmitiu no IES Viós e que puxo a todo o mundo a ler? Xa nos gustaría, pero a nosa inxenuidade non chega a ese punto.
- Se queres formar parte do Club, tes que asistir ás reunións: hai unha folla de asistencia para cada grupo na que, asinándoa, quedará reflexada a asistencia de cadaquén. Se faltas reiteradamente, deixarás de formar parte do Club de lectura.
- Hai que ler o libro: a finalidade do Club de lectura é charlar sobre as lecturas. Isto dificilmente se pode levar a cabo se non levas os libros lidos. Se por norma vas ás reunións sen ler o libro, deixarás de formar parte do Club de lectura.
- Temos que saber comportarnos. No Club de lectura non podemos estar recordando certas normas, estas deben estar xa asumidas: escoitar, respectar as quendas de intervención, empregar un vocabulario axeitado... se non é a túa intención seguilas, é mellor que te deas de baixa, senón teremos que darte nós.
Unha vez expostas estas normas, só nos queda darvos as grazas aos fieis seguidores dende cursos anteriores (Patricia e Lara, que xa levan tres cursos e aos do curso pasado, todos eles exemplo de comportamento e bo facer) e darlles a benvida a todos os que se engadiron. Esperemos que temén o curso que vén lles deamos as grazas.
Lémbrovos as datas das reunións e as lecturas:
Viós-bardos 1: Len Pel de lobo. Quedamos o 3 de novembro para intercambiar os libros e a data da reunión será o 17 de novembro.
Viós-bardos 2: Len Invisible, de Proyecto Amanda. A reunión é o 24 de novembro. Vós soíños organizaredes o intercambio dos libros, xa sodes grandes.
Viós-bardos 3: Len Enderezo descoñecido. A reunión é o 19 de novembro. Tampouco vós precisades que vos convoquemos para o intercambio dos libros, pois sabédelo facer soíños.
Se seguides todos interesados en seguir formar parte de Os Viós-bardos, teremos que facer un grupo máis. Xa vos informaremos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario