3.11.10

Viós-bardos e outros...




Hoxe, 3 de novembro, tivemos a reunión do noso grupo de lectores pequenos, os de 1º, aínda que é o grupo grande porque é o máis numeroso (23, case nada!!!) Non sabiamos se ían responder á nosa chamada, pero ás 11:30 hs. aí os estaban, TODIÑOS!!! Seguimos sen dar creto: disciplinados, interesados, cos seus libros lidos e dispostos ao intercambio. Xa está en marcha a nova quenda de lectura e o día 17 de novembro teremos a reunión. Se todos seguen fieis como ata o de agora teremos que desdobrarnos, e esa sería unha boa noticia.




NORABOA VIÓS-BARDOS 1! Estamos moi contentas coa vosa resposta.




Tamén hoxe comezamos a traballar cos nosos/as colaboradores/as. É que non podemos estar en todo!! Non damos para tanto. Se durante os recreos falamos cos lectores, atendemos ao club, temos charlas sobre libros, facemos lecturas... non podemos atender os préstamos. Así que hoxe botounos unha man Lara e mañá, que charlaremos cos alumnos de 2º sobre A miña planta de laranxa lima, será Valeria (a máis activa dos usuarios) a que nos bote unha man. O venres recibiremos ao resto de colaboradores voluntarios, todos eles VIÓS-BARDOS, para darlles a formación imprescindible para levaren a cabo o seu traballo.




MOITAS GRAZAS A TODOS VÓS, PORQUE ESTAR CONVOSCO NA BIBLIOTECA É UN PRACER.



Tamén queremos mencionar que onte os alumnos de 3º e 4º foron ao teatro ver Palabras encadeadas, da compañía Talía teatro. O comportamento foi correctísimo e a obra engachounos de verdade, durante hora e media non se escoitou un chío. Se queredes ler os comentarios sobre a mesma podedes clicar aquí. Dá gusto levar xente así aos sitios!


Ah!! Dentro de pouco ensinarémosvos a nosa mascota. José Corral, dos Viós-bardos 3 está maquinando e daranos a sorpresa un día destes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario