A reunión de onte do Club de Lectura foi moi diferente ao que estamos afeitos: contamos coa visita de Héctor Carré, autor de Febre, o libro escollido polos nosos Vios-bardos para este trimestre. Pero non só falamos deste libro, senón que as múltiples facetas artísticas de Héctor permitíronnos abordar outros temas: relacións entre cine e literatura, diferenzas entre un guión e unha novela, proceso de documentación-creación, etc. Esta visita foi o complemento perfecto para a lectura de Febre, que tan fonda impresión causou en moitos membros do club. Sentímonos moi cómodos coa cercanía e boa disposición coa que o creador contestou a todas as cuestións que lle plantexamos, sensacións que agardamos tivera tamén Héctor con nós. Esperamos contar coa súa compañía noutras ocasións pois, como veciño deste concello, é un máis de nós.
Febre pareceunos un libro moi interesante: ten moita acción, a historia engancha desde o primeiro momento, e como non trata un tema cotián, resulta moi entretida.
ResponderEliminarGustounos como liga as dúas historias, a de Carmucha e a da neta que escoita o relato de boca de seu avó.
Patricia e Aroa