17.2.12

Microrrelatos no IES Viós


Esta semana celebrouse no noso centro o concurso de microrrelatos Amoriños collín... en cen palabras, organizado conxuntamente polo Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística. A actividade resultou todo un éxito, pois a cantidade de relatos presentados e a súa calidade así o acredita. Desde a Biblioteca do noso IES queremos dar grazas a todos os participantes, felicitar aos gañadores/as e recoñecer tamén o traballo e iniciativa das dúas profesoras dos departamentos anteriormente citados, Fátima e Teresa. Moitas grazas!

AMOR DE FRONTE
Ángel Vicos Fernández, 4º ESO - Gañador

- Ola.
- Ola.
- Que tal estás?
- Triste.
- Por que?
- Deixoume a miña moza.
- Estache ben empregado, por burro!
- Es tonto ou que?
- Pegábaslle e insultábala, como queres que seguira contigo!
- Me cago na... Vouche dar unha hostia que vas quedar teso!

E así foi como rompeu o espello.

Agora preme na imaxe para ver todos os premiados:

No hay comentarios:

Publicar un comentario