Mostrando entradas con la etiqueta Autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Autores. Mostrar todas las entradas

22.5.13

Visita de Xabier Docampo


O día 16 visitounos Xabier Docampo para charlar co alumnado de 1º de ESO, que o agardaba impaciente logo de ler dúas novelas súas: O misterio das badaladas e A casa da luz.
Xabier Docampo, que coñece e posúe os recursos da narrativa e, particularmente, os do relato popular, deleitounos co seu saber contar, xa que é un gran contador de contos. Levounos de xeito didáctico e literario polos camiños da LECTURA e do tema das emocións humanas básicas. Comezou facendo un breve repaso dos contos, das mitoloxías, lendas e dos relatos bíblicos que mostran os libros antigos, dende a Biblia, á Odisea ou mesmo as Lendas galegas. Lembrou co alumnado alí presente, como foran os seus comezos e os encontros coa literatura e a lectura. Díxonos que de neno a súa nai, costureira, recitáballe poesías e que seu pai lle contaba moitos contos.
Recreou moitas anécdotas da súa vida e gustounos especialmente a súa iniciación na poesía amorosa. Poemas dedicados a unha compañeira de escola da que estaba namorado en segredo. Matizou o tema das emocións coa rivalidade entre irmáns; o afecto e o odio como base dos sentimentos fraternos.
Outro punto co que logrou captar a nosa atención, foi cando comentou que conseguira os seus primeiros lectores na época na que estudaba no seminario, pois tiñan prohibido ler libros e, como daquela non había televisión, teléfonos móbiles, nin as diversións que hai hoxe, dedicaba o tempo a escribir contos.
Os rapaces e as rapazas fixéronlle varias preguntas ás que contestou co humor e o misterio que o caracteriza e que consegue enredarnos. Falou da súa amizade co esritor Juan Farias, un autor moi querido na literatura xuvenil. Ante a pregunta que de onde sacaba, con tanto acerto, as ideas para escribir, respostou que a inspiración conséguese, e a conseguía el, escribindo e escribindo moitas horas seguidas, lembrando a súa experiencia e, sobre todo, recordando a etapa da infancia. A literatura é a infancia recobrada.
Ao final animounos a ler moito e subliñou que Álvaro Cunqueiro fora o autor que máis influira nel.
Despediuse recordando que teñamos moi presentes os libros, as experiencias da vida e que sexamos persoas críticas.


30.11.12

Cartas de inverno, en Banda Deseñada


Un aviso importante: xa temos na biblioteca un exemplar-fermosamente dedicado, ademais-da novela gráfica Cartas de inverno, realizada por Antonio Seijas.
Como sabemos que a novela de Agustín Fernández Paz está entre as favoritas de boa parte  do alumnado, estamos convencidos de que este cómic non vai parar de circular.
Os dous libros, aínda mantendo o mesmo tema e a mesma estrutura, son obras diferentes  porque as distingue a mirada persoal dos seus autores. Se Agustín  Fernández sabe envolvernos nese ambiente de misterio, intriga e terror coas súas palabras, Antonio Seijas fai o mesmo coas súas imaxes. No cómic aos personaxes que Agustín deixa sen describir fisicamente, Antonio ponlles rostro; a paisaxe cobra moitísima forza a través do debuxo  e o uso das cores define perfectamente o atmosfera de desacougo e pánico que rodea o protagonista.
"Antonio Seijas manexa con especial habilidade a  montaxe das viñetas na páxina, o que fai que a narración avance con moita naturalidade". Son palabras de Agustín Fernández na presentación do cómic.
Unha obra fantástica, que se le dun tirón. Podemos dicir, abofé, que lle quedou "de medo"!!
Á túa disposición na biblioteca!


15.10.11

Pedro Riera, Marcos Calveiro e Fernando Lalana

Bótalle unha ollada aos vídeos recollidos nesta aplicación para coñecer un pouquiño máis a tres dos autores dos libros do Club de lectura que imos ler no primeiro trimestre. Pedro Riera (La leyenda del bosque sin nombre), Marcos Calveiro (O pintor do sombreiro de malvas) e Fernando Lalana (Los hijos del trueno), cóntannos como foron os seus inicios, cando decidiron adicarse á literatura, os seus métodos de traballo e moitas outras cousas máis! A verdade é que son tres vídeos moi interesantes e amenos. Agora preme no play, paga a pena!

24.11.10

ANA Mª MATUTE, PREMIO CERVANTES 2010




A escritora Ana María Matute foi galardoada este mércores co el Premio Cervantes 2010. La autora de Luciérganas y Olvidado Rey Gudú y É, tras María Zambrano e Dulce María Loynaz, ia tercera muller en gañar o máximo galardón das letras hispanas.
Matute (Barcelona, 1925) é membro da Real Academia Española e ten, entre outros moitos o Premio Planeta, o Nadal, o Nacional de Literatura e o Nacional das Letras Españolas.
É autora de máis de unha veintena de novelas Los hijos muertos (1959) Los soldados lloran de noche , Olvidado rey Gudú ou Torre vigía e relatos como El país de la pizarra (1956) ou El polizón del Ulises.
A súa obra, marcada pola fabulación, vira ao redor dun mundo narrativo propio no que se mesturan nenos, unicornios, trasgos, paraísos, a inxustiza ou a posguerra.
Tamén ten unha inabarcable obra para mozas e nenos, con contos como Los niños bobos , El país de la losa, La oveja negra, El verdadero final de la bella durmiente, o La puerta de la luna,volume que abrocha todos os seus contos e que acaba de saír este mes. Moitos deles están dedicados ao seu fillo Juan Pablo.
"Para mí la vida y la literatura es lo mismo", confesa que ve o mundo "a través de los ojos de la escritora", porque "puede surgir un libro de la cosa más inesperada".


11.10.10

VARGAS LLOSA, PREMIO NOBEL DE LITERATURA


Esta semana coñecemos quen vai recoller o premio Nobel de Literatura. Xa sabedes que estes premios os concede a Academia Sueca e os entrega nunha importante cerimonia en estocolmo o 10 de decembro, data da morte de Alfred Nobel, impulsor dos premios que levan o seu nome, ademais de ser o máis grande industrial da produción de dinamita a finais do século XIX.


A Academia concede, entre outros premios como os da ciencia, medicina ou física, o de literatura. Este ano o premio é para MARIO VARGAS LLOSA, un autor peruano que ten hoxe en día 74 anos. Comezou a súa carreira literaria fabulando as súas propias experiencias nunha academia militar coa novela La ciudad y los perros e continuou, case sempre con éxito entre crítica e público, con La casa verde o Conversación en la catedral. Nese momento, falamos dos anos 60 e 70, a literatura hispanoamericana vivía unha época de esplendor.

Algunhas das súas obras están cargadas de humor, como Pantaleón y las visitadoras ou La tía Julia y el escribidor, coa que rin cando estaba no instituto coma vós; outras teñen unha gran carga histórica, como La guerra del fin del mundo ou La fiesta del chivo.

Vargas Llosa é un escritor cosmopolita que escribe sobre temas moi diferentese cultiva moitos xéneros: novela, teatro, ensaio ou artigos periodísticos. Con España ten unha relación moi especial, xa que unha catalana é a súa axente literaria e, grazas a ela e aos editores de Alfaguara, unha editorial española, a súa obra comezou a difundirse. É membro da Real Academia de la Lengua Española e ten, entre moitos premios o Cervantes, o máis importante de literatura en español entregado en España.

É posible que non vos sintades atraídos pola súa obra, é difícil que nos atraia algo do que non sabemos nada ou moi pouco, pero, seguramente, co tempo, algunha das súas novelas caia nas vosas mans. Ben, empezádea, só vos digo iso, porque o resto xa o vai facer el coa súa imaxinación e a maneira de narrar. Persoalmente estou esperando que publiquen dentro dunha semanas El sueño del celta, a súa última novela. Xa sei que me vai gustar.

Ana López Formoso.

13.5.10

UXÍO NOVONEYRA


En VIbliOS non podemos deixar pasar o 17 de maio sen mencionar dende aquí o poeta homenaxeado este ano: Uxío Novoneyra "O poeta do Courel". No blog do ENDL tedes moita información sobre o autor, coa que podedes enlazar dende aquí.
Na biblioteca temos expostos libros do autor, sen esquecer a selección de poemas que fixeron os alumnos de Iniciativas Emprendedoras.

15.4.10

HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ




Políticos e escritores renderon hoxe, 14 de abril, homenaxe ao escritor Miguel Hernández no teatro Lara de Madrid, con motivo da celebración do Día da República.


O encontro, co título O verso que non cesa, reuniu voces da cultura e da política, que recitaron versos do poeta, ao que se alcumou " o poeta do pobo", pola súa orixe humilde. Miguel Hernández proviña dunha familia rural de Alacante, cun pai que desprezaba a cultura, nun contexto no que o 70% da poboación era analfabeta. Hoxe é considerado un dos grandes poetas en lingua castelá.

12.3.10

HOXE, 12 DE MARZO,MORRE MIGUEL DELIBES

Hoxe é un día triste para a literatura en lingua castelá: morreu Miguel Delibes, un dos autores cun maior dominio da linguaxe e que contribuiu dun xeito especial ao enriquecemento da mesma.


Queda a súa obra, e esa non morre, iso é o que ocorre cos bos escritores, que renacen cada vez que un lector, calquera de nós, abre un libro seu e recrea o mundo plasmado polo escritor. Así ocorrerá cada vez que leamos obras como Cinco horas con Mario, El camino, El hereje, todas elas na biblioteca, ademais de Los santos inocentes, levada ao cine.


Como lectores só nos queda agradecerlle a Delibes o pracer da lectura das obras que nos deixa como legado.

29.1.10

MORREU J.D. SALINGER

O xoves 28 de xaneiro morreu aos noventa e un anos Salinger, estraño escritor norteamericano autor de O vixía no centeo, libro publicado por 1ª vez no ano 1951 e que acadou un éxito sen precedentes, éxito do que o autor sempre se sentiu escravo e tratou de fuxir recluíndose na soedade e non concedendo entrevistas nin deixando que o fotografasen.
Este libro é ben coñecido por nós, pois foi libro de lectura do noso club o curso pasado e provocou unha das xuntanzas máis entusiastas. Este curso está sendo lid0 por algúns alumnos do centro.
Tamén vos invitamos a ver a película Conspiración, con Julia Roberts e Mel Gibson, na que o protagonista (Mel Gibson) ten unha estraña obsesión co libro de Salinger, ata o punto de mercar todos os exemplares que atopa e encher así a súa casa con este libro. Está na biblioteca, pasade a recollela.


Como homenaxe transcribimos un fragmento no que Caulfield, o protagonista adolescente, ten unha charla coa súa irmá Phoebe, quizais a única persoa do mundo pola que segue sentindo respecto e admiración, case ao final do libro, e na que lle conta o único que lle gustaría ser na vida: vixía no centeo.
"...Eu imaxino a moitos nenos xogando no medio dun grande campo de centeo. Miles de nenos pequenos e ninguén por alí, ninguén maior quero dicir, agás eu. Eu estou ao borde dunha barranqueira e o que teño que facer é coller calquera neno que poida caer por alí abaixo, quero dicir que se están correndo e non miran por onde van eu teño que vir e collelos. E iso é o que faría todo o día. Sería o vixía no centeo..."
Grazas a Salinger por deixarnos en herdanza a posibilidade da lectura deste fermoso libro.

19.1.10

EDGARD ALLAN POE



Edgard Allan Poe naceu en Boston o 19 de xaneiro de 1809, hoxe cúmprense, polo tanto 201 anos do seu nacemento.


Poeta e autor de relatos de misterio e terror, algúns dos cales os podedes atopar na nosa biblioteca. Achégate e le un dos seus contos, logo seguro que segues cos demais.


Moitos músicos inspiráronse nas letras deste autor, polas súas características románticas e escuras.


Un dos poemas máis musicados é este que poñemos a continuación. Esperamos que vos guste. Clicade aquí para poder ver o vídeo e escoitar a canción.