Un aviso importante: xa temos na biblioteca un exemplar-fermosamente dedicado, ademais-da novela gráfica Cartas de inverno, realizada por Antonio Seijas.
Como sabemos que a novela de Agustín Fernández Paz está entre as favoritas de boa parte do alumnado, estamos convencidos de que este cómic non vai parar de circular.
Os dous libros, aínda mantendo o mesmo tema e a mesma estrutura, son obras diferentes porque as distingue a mirada persoal dos seus autores. Se Agustín Fernández sabe envolvernos nese ambiente de misterio, intriga e terror coas súas palabras, Antonio Seijas fai o mesmo coas súas imaxes. No cómic aos personaxes que Agustín deixa sen describir fisicamente, Antonio ponlles rostro; a paisaxe cobra moitísima forza a través do debuxo e o uso das cores define perfectamente o atmosfera de desacougo e pánico que rodea o protagonista.
"Antonio Seijas manexa con especial habilidade a montaxe das viñetas na páxina, o que fai que a narración avance con moita naturalidade". Son palabras de Agustín Fernández na presentación do cómic.
Unha obra fantástica, que se le dun tirón. Podemos dicir, abofé, que lle quedou "de medo"!!
Á túa disposición na biblioteca!

No hay comentarios:
Publicar un comentario