12.4.10

Ollos de auga


Os alumnos de 4º curso, están lendo na clase de Lingua e Literatura Galega o libro Ollos de auga de DOMINGO VILLAR. Deixamos aquí esta entrada para que fagan os seus comentarios sobre o mesmo. E para aqueles aos que lle gustase, recomendámoslle a segunda parte A praia dos afogados, no que Leo Caldas, xunto co seu pintoresco axudante, Rafael Estévez, resolverán un novo e difícil caso. Animádevos, está tamén na biblioteca.
Por certo, o venres 23 de abril (Día do libro) teñen unha cita na biblioteca durante o recreo para intercambiar opinións. A ver se lles paga a pena non ter recreo!
Se clicades aquí, teredes acceso a unha entrevista que se lle fixo ao autor nun blog de novela policíaca. Seguro que vos resulta interesante

11 comentarios:

  1. Ollos de Auga:
    Ó principio parece aburrido e non te enteras de nada,pero a medida que vas lendo a cousa xa se fai máis levadeira.
    A min non me gusta ler, pero este libro lino e gustoume, querer saber quen é o asasino e o que pasou, chámate a lelo e non poder parar ca intriga que tes. Ademais, este libro e divertido, a min fíxome moita gracia o axudante de Leo Caldas, Rafael Estévez.
    Recomendo este libro a todos os rapaces que o queiran ler porque e moi entretido,intrigante e divertio.

    ResponderEliminar
  2. Ollos de auga é unha boa novela negra que se desenrola en Vigo, polo que se non amenizará máis ao leela, xa que podemos chegar a coñecer a xeografía. A min gustoume pola intriga que me da, cando buscan ao asasino do saxofonista Lois Reigosa, e é moi amena sobretodo por un personaxe como é Rafael Estévez.

    ResponderEliminar
  3. Eu leo pouco en galego, pero este libro gustoume moito e para min e un dos mellores libros q lin de galego.Eu empeceino a ler de mala gana, pero a verdade e que esta xenial, é moi entretido e enganchate ata o final grazas a intriga sobre quen é o asasino e isto che impide cortar a lectura.O final do libro para min foi unha gran sorpresa porque nunca pensei que ía rematara asi.Este libro recomendollo a todo o mundo peo a verdade é que é un gran libro.

    ResponderEliminar
  4. Carlos Barallobre Pazos26 de abril de 2010, 14:00

    Este libro gustoume moito porque tiña intriga asta o final era moi fácil de leer e gustábame moito a forma de ser dos personaxes, porque eran moi graciosos

    ResponderEliminar
  5. O libro Ollos de Auga de Domingo Villar é unha novela policíaca que lle recomendo a todas as persoas que lle gusten o misterio e a intriga.
    A min, persoalmente, gustoume moito o libro, pois todo o relacionado co mundo policíaco interésame, e o mistrerio que o autor lle dá á trama encantame.

    ResponderEliminar
  6. Ollos de auga é unha novela policíaca que trata da investigación dun asasinato na torre na illa de Toralla.
    Leo Caldas é o inspector de policía ao cargo da investigación coa axuda de Estévez o seu axudante.
    Nesta novela o lector vai descubrindo as pistas que descubre o protagonsita e nunca antes,o que lle da a lectura moitoa intriga que provoca no lector moito máis ansia de descubrir os acontecementos e polo tanto un enganche a novela bastante grande.Ademáis a lectura é abundante en diálogos e moi fácil de ler.
    Este libro recomendaríallo a todas aquelas persoas que non lle gusta moito a lectura xa que é un libro moi levadeiro e interesante.
    A min persoalmente gustoume grazas a facilidade quen ten para ser lido e a intriga ata o último momento.

    ResponderEliminar
  7. Rubén Mazás López 4º26 de abril de 2010, 21:06

    Este libro resultoume moi interesante porque se trata dunha novela policiaca e nunca lera ninguha deste tipo, mantivome intrigado ata o final que foi cando descobren quen mata a Lois Reigosa, por eso me gustou tanto.

    ResponderEliminar
  8. Iván Rodríguez Cañás 4º27 de abril de 2010, 21:35

    este libro,sen duda foi un dos qe máis me gustou,porque dende un principio aparece o asasinato,e segues paso a paso a investigación,dende o punto de vista de Leo Caldas xunto Estévez,o seu axudante,causando una intriga por saber quen e o verdadeiro asasino de Reigosa.
    Recomendollo a todo aquel que non lle guste moito a lectura,xa que e entretido e bastante fácil de ler.

    ResponderEliminar
  9. Este libro pareceume bastante entretido,aínda que ao principio parecia que ía ser bastante aburrido,pero cada vez tiña máis intriga.
    Esta novela trata da investigación dun extraño asasinato que o inspector Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez tiñan que resolver.
    A verdade é que non me gustan moito as novelas policíacas pero esta gustoume bastante.

    ResponderEliminar
  10. Nuria Sánchez 4º28 de abril de 2010, 18:45

    Ollos de auga é unha novela policíaca na que uns axentes de Vigo investigan dous asasinatos que ocorren na mesma cidade.
    Este libro enganchoume xa que segue o personaxe de Leo Caldas e faite formar parte da historia o que fai que sexa entretido e a lectura faise máis levadeira.
    Aínda que o libro é longo tívome intrigada ata que se descobre o verdadeiro asasino.

    ResponderEliminar
  11. Daniel Pandelo 4º28 de abril de 2010, 19:05

    Ollos de auga é unha novela policial moi entretida con grandes doses de suspense.
    A novela comeza coa aparición do corpo dun saxofonista asasinado na súa propia casa. Contanse todas as aventuras que Leo Caldas e Rafael Estévez fan para investigar quen foi o verdadeiro culpable do asasinato que non se descobre ata o final.
    A min persoalmente a pesar de que é un libro bastante longo gustoume.

    ResponderEliminar