15.4.10

HOXE, 15 DE MARZO, CHARLAMOS CON ANXO FARIÑA


Os alumnos de 1º estaban que non daban creto, por fin! Anxo Fariña, o creador da serie de libros Os Megatoxos, que tanto está gustando entre o alumnado, veu á nosa biblioteca para falar dos seus libros e tamén lles descubriu a capacidade de transformación e creación que pode ter calquera ser ou obxecto: dunha caixa saíron dous namorados, e do noso Carlos de 1ºB, saiu un demo.
Logo foron cos seus libros para seren asinados e ter así un bo recordo dunha xornada tan especial.

4 comentarios:

  1. estivo moi ben e pasamolo xenial con Anxo Fariña. Ademais foi moi atento e firmounos os nosos exemplares do seu libro.

    ResponderEliminar
  2. ADRIÁN VILLAR E JAVIER PETEIRA21 de abril de 2010, 14:03

    Gustounos moito que viñera por que aparte de que perdemos clase pasámolo moi ben.O que mais nos gustou foi cando dibuxou ao alunno de 1ºB, tamen nos gustaron as diapositivaso, e tamen o seu libro.

    ResponderEliminar
  3. Somos Aida e Lidia de 1ºA do IES de Viós.

    Aida dixo:
    A min particularmente gustoume moito a entrevista,dado que na charla falas do libro e o mesmo tempo estas facendo como...xogos; é unha idea orixinal,porque deste xeito non nos aburrimos...E aprendemos cousas...!
    Gústame moito a súa presentación e tamén como debuxa ben e en en tan pouco tempo!
    Espero que veña pronto,estaremos esperandoo cos brazos abertos!

    lidia dixo:

    A min gustoume moitisimo a maneira en que Anxo empezou a charla contando desde o principio a historia da creacion dos megatoxos.Como podera debuxar con esa axilidade?- pregunteime cando acabou a charla,cando debuxou ao meu compañeiro Carlos trasmitiume que eu tamen podia ao igual que el botar a voar a miña imaxinacion e debuxar asi...Grazas por invitalo espero que volva pronto!

    ResponderEliminar
  4. David, Marcos e Sergio21 de abril de 2010, 14:14

    Anxo Fariña era moi simpático e moi bo escritor, explicounos de donde sairan os Megatoxos, e respondéunos a todo o que lle preguntamos. Debuxounos un superheroe fixándose en Carlos, saiulle moi chulo era medio humán medio robot. A nós axudóunos a entender mellor o libro, sobre todo o terceiro e o segundo. A min gústame moito estas charlas con autores dos libros que lemos no instituto e ainda que o que estamos a ler agora, non cremos que poida vir porque é australiano.

    ResponderEliminar