En 1961, Raymond Queneau (Le Havre 1903-París 1976) publicou un libro insólito baixo o título Cen mil millóns de poemas. Nesta obra, Queneau propón 10 sonetos cuxos versos son combinables e riman entre si. Cada unha das dez páxinas do libro contén un soneto troquelado, cortado en tiras, con un verso en cada unha, o que permite que cada lector ou lectora cre o seu propio soneto, escollendo cada un dos catorce versos que o forman.
No 50 aniversario desta publicación, a Editorial Demipage vén de publicar estes días un libro similar en homenaxe a Queneau.
Dez autores e poetas da elite da literatura española ( Jordi Doce, Fernando Aramburu, Santiago Auserón, Vicente Molina Foix...) crearon cadanseu poema para dar lugar ao mesmo número de combinacións e a este "obxecto" imposible, considerado xa unha xoia da literatura contemporánea.
Seguramente nunca pensaches que nun libro podían caber tantos poemas...É a poética da matemática! ou a matemática poética! Aínda non o temos na biblio, pero farémonos con el para que poidas ler e crear sonetos a moreas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario