22.11.11

Reunión Vios-bardos de 2º


Hoxe tivemos a 1º reunión dos Vios-bardos de 2º A e 1º A que lemos O mecanoscrito da segunda orixe de Manuel de Pedrolo. Unha reunión cun estupendo ambiente e na que compartimos as nosas impresións sobre esta novela, impresións nas que coincidimos case todos: en primeiro lugar, a sorpresa que o propio libro provocou en nós, a orixinalidade da súa temática, o novidoso que resulta; para algúns, unha novela diferente a todo o que ata o de agora levaban lido... A opinión de que a novela engancha dende o principio foi tamén xeneralizada. Evidentemente sempre hai algún "pero" que poñer, por exemplo, para algúns vios-bardos a acción decae en certos momentos, como nos capítulos nos que se narra a expedición que fan Alba e Didac polo Mediterráneo, capítulos que resultan algo máis monótonos. Pero sen dúbida, foi unha lectura que deu para falar, para reflexionar, para compartir puntos de vista... mesmo estivo interesante comprobar como as rapazas e os rapaces viron de forma diferente o final: natural para unhas; moi estraño para outros!

Queda aquí, logo, a nosa recomendación!

No hay comentarios:

Publicar un comentario