Estas dúas últimas semanas tivemos unha biblioteca moi animada. O día 23 de novembro a biblioteca apareceu transformada: parecía un escenario para un filme de terror. Hai que agradecérllelo aos alumnos e alumnas do club de lectura que nun plis- plas levaron a cabo a transformación.
Sacamos dos andeis todos os textos que hai coa temática de medo, e sorprendémonos de que nunha biblioteca tan pequena coma a nosa houbese tantos.
E comezaron as actividades:
Martes 24 de novembro: Un grupo de profesoras e de alumnos leron o conto “La muchacha que se quería casar con un muerto”, baseado nun conto popular canadiano. Foi moi divertido e todos quedamos abraiados co ben que leron, nin que o tiveran ensaiado!!!
Logo, fostes vós, os alumnos e alumnas os que de verdade nos fixestes pasar medo con esas historias, tan arrepiantes coma verdadeiras, que fostes recollendo, preguntándolles aos vosos avós, veciños... e que non tivestes ningún reparo en compartilas con todos nós. Durante tres días, nos recreos, pasaron pola biblioteca aparecidos, Santas Compañas, menciñeiras, e moitos outros personaxes abraiantes , que, nos asegurastes, porque así volo dixeron, existiron e protagonizaron esas historias.
Grazas a todo o alumnado pola súa estupendísima colaboración, todas as historias recollidas pagaban a pena.
Xoves 26 de novembro:
Isaac Araújo: “A autoestrada”
Carlos Brandariz: “Contos da lareira”
Manuel González: “A candea da noite”
Cristina González: “O conto da miña bisavoa”
Tamara Núñez: “Alegrías da casa”
Luns 30 de novembro:
Noemí Delgado: “Mal de ollo”
Cristina Barreiro: “O misterio das ovellas mortas”
Alberto Viña: “A Santa Compaña”
Sabela Patiño: “A Santa Compaña”
Antonio Fiaño: O home de lume.
Mércores 2 de decembro:
Brais Blanco: “O meigallo”
Iago Vázquez: “O demo de Viós”
Inés Palla: “Historias de sandadoras”
Diego Villar: “O aparecido”
Ainhoa Suárez: “No cemiterio de Cines”

Se queredes acceder ás historias poderédelas atopar no blog de endl do IES de Viós ou premendo aquí.
Pechamos este ciclo de medo da biblioteca o venres 4 de decembro coa proxección da curtametraxe de animación Vincent de TIM BURTOM, que rematou cunha saborosa e terrorífica sorpresa.
Estade atentos, porque calquera día, cando entredes na biblioteca, verédesvos transportados a quen sabe onde, da man de quen sabe quen.

Niso consiste a maxia dos libros!!!
tedes Que poñer mai videos deses de medo Que estuberon moi ben
ResponderEliminarEstivo moi ben pero tiñan que dar un pouco de máis medo,e o último día aínda estivo mellor porque houbo unha cortometraxe e deron gominolas.
ResponderEliminarTendes que facer máis estas actividades porque son divertidas pero tendes que poñer un micrófono ou algo, para que se escoite un pouco mellor,porque detrás non se escoitaba ben.A biblioteca estaba moi ben decorada coas tearañas, co esqueleto e coas arañas.En difinitiva non foi ningunha perda de tempo.
Tedes que contar moitísimos máis contos e poñer tamén máis curtometraxes. Que perder por eso o recreo val a pena. Aínda que algúns non pensen igual. Por certo o decorado quedou estupendo
ResponderEliminarEstiberon moi ben os contos tedes que bolber a contar outros
ResponderEliminarestivo moi Ben que os alumnos recolléramos eses contos coa idea de divertirnos e pasalo moi moi ben.Felicidades polo traballo.BO NADAL!!!!!!
ResponderEliminarolaaaaa
ResponderEliminarjaja si
a min gustaronme moito todas as actividades relacionadas co terror. Estiveron moi ben, o que para e que non se esciotaban ben as historias, e a que mais me gustou foi a de Sabela Patiño Dominguez(1ºB)
un biico moi forte e BO NADAL
e a ver se as notas melloran en semana santa. xD