12.12.09

TEMOS NOVIDADES NA BIBLIOTECA






Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. O bar "Luzada" é o lugar de encontro de personaxes moi diversos e con historias particulares que contar, que nos aproximarán a outras culturas e outros costumes.
É un libro moi tenro, de lectura agradable e que seguro lle gustará a todo o mundo.












Este é o primeiro libro dos catro de Henning MANKELL, que teñen como protagonista a Joel, un neno que no primeiro libro vai cumprir doce anos e no último ten quince. Joel vive só co seu pai, nun pequeno pobo do norte de Suecia, no que os invernos son moi longos, moi fríos e moi aburridos. Joel terá que empregar a súa imaxinación para provocar situacións que lle permitan saír do tedio diario e coñecer a interesantes personaxes.
Os outros títulos son:
Las sombras crecen al atardecer.
El niño que dormía con nieve en la cama.
El viaje al fin del mundo.
Están todos na biblioteca. Invitámoste a que os leas.E logo xa nos contarás...




Achegádevos a este libro, abrídeo, fixádevos nas imaxes.... É un pracer ter entre as mans libros coma este!!!!


Comeza a lectura, coñece a Hugo e adéntrate en París a comezos do século XX. Desentraña con el o misterio que xira en torno a un estraño mecano, cuxa chave ten unha misteriosa rapaza, sobriña dun misterioso xogueteiro, que a súa vez encerra moitos outros misterios que teñen que ver co inicio do cine... Déixate atrapar!!!